viernes, 3 de diciembre de 2021

"Política para adultos" , un sensato libro de Mariano Rajoy

Escoito esta tarde no auditorio da Afunfación en Santiago de Compostela  ao ex-presidente do Gobierno de España entre 2011 y 2018, Mariano Rajoy, con ocasión da  presentación do seu novo libro, Política para adultos, unha obra moi persoal que recolla as suas reflexions dun ciudadano  que dedicou máds da metade da sua vida á política.

Falou en primeiro lugar o director literario de Plaza & Janés, David Trías.

Fixo a presentación do libro p presidnete da Xunta, Alberto Núñez Feijóo quen destacou  o modelo de Galicia como a proba da capacidade da estabilidade, a centralidade e a política útil para acadar prosperidade.

Apelou deste xeito á política que bebe de principios pero non de dogmas, que non minusvalora a intelixencia do cidadán corrente ofrecéndolle milagres imposibles e que recorre ás traxectorias e os coñecementos acreditados. “Unha política, en fin, para adultos”, aseverou, destacando que o nocivo é a substitución da política adulta por outra que manifesta medo a gobernar as cousas importantes, e unha especial predilección por remover consensos básicos e abrir feridas xa pechadas.

Nesta liña, incidiu en que a política para adultos non é algo anacrónico, pasado de moda ou propio doutras épocas. “É unha necesidade”, asegurou, subliñando que resulta anómalo que a responsabilidade que se exerce todos os días nos traballos, na vida privada, “na xestión cotiá dos nosos intereses”, non se traslade á vida pública e estea ausente dos asuntos de goberno.


Ao longo da súa intervención, o titular do Goberno galego animou á lectura desta nova obra porque nela, dixo, atópase unha guía para seguir legando aos galegos e aos españois de mañá unha democracia madura e solvente.

“A política para adultos nunca se pon por riba do principio da realidade”, afirmou, facendo fincapé en que este libro xustifica a súa vixencia porque na actualidade “sobran discursos que antepoñen a doutrina ao feito”.

Mariano Rajoy na sua intervención dixo entre outras cousas:

"«Política para adultos» no significa política para mayores ni para viejos. Significa política hecha por personas responsables para ciudadanos igualmente responsables, sea cual sea su edad. La madurez no es tanto una cuestión de años como de asunción de límites: los límites que nos pone la realidad, los que nos marcan las leyes y también los de nuestra propia contención.

La política para adultos como yo la entiendo es una política capaz de ver más allá del próximo cuarto de hora, una política que sabe expresarse en algo más de un tuit, que se basa en la racionalidad y no en las puras emociones, que es capaz de mirar a la realidad cara a cara y que, sobre todo, puede servir para que los adversarios se entiendan cuando el interés del país así lo exige. Tampoco es tan difícil."