viernes, 31 de diciembre de 2021

Feliz Aninovo e grazas aos lectores deste blog

IMAXES DE 2021

Termina hoxe 2021 e publico este resumo gráfico das miñas actividades parlamentarias que con máis detalle pódense ler nas respectivas entradas deste Blog.

Grazas aos lectores e Feliz Aninovo.


XANEIRO


Repasando a situación das infraestruturas da Xunta e do Goberno coa Comisión de Infraestruturas da Confederación Empresarial de Ourense 13.1.2021

Comparecencia na Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital da vicepresidenta terceira do Goberno,  Nadia Calviño para falar sobre o reparto dos Fondos Europeos 29.1.21

FEBREIRO




O Congreso da luz verde ao inicio da tramitación parlamentaria da PLO de transferencia da AP-9 a Galicia 2.2.21

Na posta en servizo da nova estación de autobuses na intermodal de Ourense 6.2.21


Na Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia coa presidenta Cani Fernández 23.2.21

MARZO


Co presidente da Asociación Empresarial, coñecendo o anteproxecto  dunha terminal de mercadorías no polígono de San Cibrao das Viñas 1.3.21

Coa Comisión de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que aprobou o Proxecto de Lei que modifica a Lei de Sociedades de Capital 2.3.21


Os deputados do PP por Ourense e Lugo expresan a súa indignación polo “absoluto abandono e particular desprezo” do Goberno á autovía A-56  5.3.21

En Monforte de, rexeitando políticos lucenses e ourensáns a eliminación das variantes ferroviarias da liña Ourense-Lugo. 20.3.21

ABRIL

Instando ao MITMA á urxente reparación do Túnel do Folgoso da A-52 na Cañiza que permita a súa pronta apertura. 3.4.21

Aprobada no Congreso unha PNL para impulsar a creación dunha estación ferroviaria de mercadorías no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas 24.5.21

                                               MAIO


Comparecencia da vicepresidenta Nadia Calviño para informar sobre a actualización das previsions macroeconómicas e o Programa de Estabilidade do Reino de España. 6.5.2021


Visita ao Congreso da Vicepresidenta e deputados da Asamblea Nacional da República de Corea 13.5.21


Comparecencia en Comisión do Gobernador del Banco de España, Pablo Hernández de Cos 19.5.2021

Defendendo unha PNL para impulsar o proxecto de construcción dun enlace completo en A Rúa de Valdeorras, coa estrada  N-120 24.5.21

XUÑO

Intercambio virtual sobre o"Estudo Económico de España 2021" na Rede Parlamentaria Global da OCDE. 10.6.21

O GPP apoia a recuperación do IVE ao 10 % para sector de perruquerías, barberías e centros de estética     14.6.21

Comparecencia do presidente da Comisión Nacional de Mercados e Valores, Rodrigo Buenaventura 29.6,21




Co sector da imaxe persoal reclamando diante do Congreso dos Deputados a recuperación do IVE ao 10 % para as perruquerías  30.6.21

XULLO

En Arnoia cos Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións 3.7.21

Renión de parlamentarios  do PP de G facendo balance do traballo desenvolvido nas Cortes Xerais 9.7.21

Con Feijóo no 17 Congreso do PP de Galicia 17.7.21




AGOSTO

Vendo a situación de baleirado dos encoros das Portas e Cenza en Vilariño de Conso 22.8.21

Na Deputación Permanente do Congreso  25.8.21


Con Feijóo e Casado  no inicio do curso polótico en Cerdedo-Cotobade 29.8.21



SETEMBRO

Visitando a Feira da Pataca e Maquinaria Agrícola de Xinzo de Limia 4.9.21

No Parlamento de Galicia na exposición “40 anos de Autonomía de Galicia nas caricaturas de Siro” 10.9.21


Reunión no Congreso de deputados galegos  15.9.21

No debate de creación dunha Comisión de Investigación para establecer as causas do accidente ferroviario do ALVIA ocorrido en Santiago de Compostela o 24 de xullo de 2013. 23.9.21

OUTUBRO

Cos concelleiros do PP de O Barco de Valdeorras, informando en roda de prensa sobre as infraestruturas e transportes da comarca 1.10.21


 Cos presidentes Batet e Ferro no X Foro Parlamentario Hispano-Portugués avanzando na cooperación entre deputados ao Congreso e da Asemblea da República 4.10.21

Difundindo entre os diputados lusos e españois o Proxecto Raia Termal de cooperación transfronteiriza 5.10.21

 20 anos da inauguración de Ponte Vella Centro Comercial 5.10.21

Coa Garda Civil na Festa Nacional 12.10.21

Facendo cos compañeiros do POdeOU  unha valoración crítica dos OXE de 2022 para a provincia de Ourense 15.10.21

 Con Ángel Gabilondo novo Defensor del Pueblo 27.10.21


NOVEMBRO

Presentando emendas do PPdeOU por importe de  91 millóns de euros máis para Ourense nos Orzamentos Xerais do Estado de 2022  8.11.21

En San Pedro de Rocas, Esgos,na reunión do Comité Executivo Provincial do PPde Ourense 9.11.21


Participando na carreira pedestre popular do San Martiño 14.11.21

Vendo probas do XXXII Campeonato de España Master na pista cuberta en Ourense 27.11.21

Con deputados populares da Comisión Mixta de Relacions co Defensor del Pueblo  30.11.21


DECEMBRO

                                                             

Recepción aos participantes no Programa de Liderazgo Público Iberoamericano, promovido pola Fundación Carolina 1.12.21

Defendendo unha moción de apoio ao estratéxico sector do transporte de mercadorías por estrada 15.12.2021

Co Presidente Miguel Santalices na conmemoración dos "40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021” 19.12.21


 S.M. o Rei de España  inaugura a en Ourense a nova liá alta velocidade Madrid-Galicia 20.12.21



Viaxando no primeiro tren comercial AVE entre Ourense e Madrid 21.12.21