viernes, 10 de diciembre de 2021

Asinado o convenio entre o Concello e Adif para o desenvolvemento e mellora da permeabilidade da cidade de Ourense na Rúa de Ramón Puga e a Rúa de Tarascón

 

Informa hoxe ADIF por medio dunha nota de prensa que a súa a presidenta, María Luisa Domínguez, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez, asinaron un convenio para o desenvolvemento e mellora da permeabilidade da cidade na Rúa de Ramón Puga (punto quilométrico 244/881 da liña ferroviaria Zamora-A Coruña) e a Rúa de  Tarascón (p. k. 48/241 da liña Monforte-Vigo).

Afirman que “o investimento previsto nas obras de mellora ascende a 1.172.511,42 euros (IVE incluído), cantidade que será financiada ao 50% por ambas as institucións (586.255,71 euros cada unha)”.

E que “o presente convenio dá continuidade ao protocolo de colaboración asinado entre  Adif e o Concello de Ourense o 22 de xuño de 2016 para o desenvolvemento da permeabilidade na cidade.  Adif conta xa cos proxectos redactados para ambas as actuacións.”

Salientar, por certo que o alcalde de Ourense, daba conta na web do  Concello que o convenio fora asinado na semana do 27 de novembro.

https://www.ourense.gal/gl/actualidad/concello-e-adif-desbloquean-as-obras-de-mellora-da-permeabilidade-en-tarascon-e-na-rua-de-ramon-puga

Á marxe destas disparidades nas datas, que non deixan de ser anecdóticas, o certo é que é unha moi boa noticia, por tratarse dunhas actuacións moi necesarias.

E digo isto por canto puiden participar no ano 2015 xunto ao noso anterior alcalde, Jesús Vázquez nas primeiras conversacións en Madrid no Ministerio de Fomento, na que reclamamos a que ADIF proxectara en cofinanciara estos pasos.

Finalmente o 22 de xuño de 2016 o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e a ministra de Fomento, Ana Pastor, asinaron un Protocolo de Colaboración entre o Concello de Ourense e o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias para o desenvolvemento da permeabilidade da Cidade.

No Expoñen terceiro do Protocolo constábase que actualmente na cidade de Ourense concorren:

“A liña ferroviaria Zamora- A Coruña que atravesa a cidade, localizándose un paso inferior na  rúa Ramón Puga, antiga estrada de  Rairo,  pk. 244/881 de  gálibo e anchura reducida e non está dotado de beirarrúas.

E a liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atravesa a cidade, localizándose un paso superior á mesma no  p. k. 48/241 na Rúa  Tarascón, no que non se poden cruzar dous vehículos, e non está dotado de beirarrúas.

Tendo en conta esta problemática, ambas as partes, Concello de Ourense e ADIF acordaron que:

O ADIF comprometíase a redactar os proxectos de construción unha vez que recibise do Ministerio de Fomento a achega finalista necesaria para o seu financiamento.

E o Concello de Ourense entregaría a ADIF os estudos previos dos que dispoña cuxo obxecto sexa a definición das obras para executar para cumprir os obxectivos de ampliar o paso inferior da Rúa Ramón Puga para permitir o paso de vehículos lixeiros, dotándoo de beirarrúas. E  para ampliar o paso superior de  Tarascón, dotándoo de beirarrúa.”

O proxecto de Tarascon  foi sometido por ADIF a información pública o 6 de xuño de 2018, e o 11 de xuño de 2018 o proxecto de ampliación do paso inferior da rúa Ramón Puga.

Delo daba conta neste blog:

http://www.celsodelgado.gal/2018/06/sobre-el-proyecto-de-ampliacion-del.html

http://www.celsodelgado.gal/2018/06/publica-hoxe-no-boe-o-anuncio-do.html

O 22 de octubre de 2019 recibimos a boa noticia de que nunha reunión extraordinaria, a Xunta de Goberno do  Concello de Ourense deu visto e prace a sete modificacións orzamentarias. Unha delas relativa á habilitación dun crédito de 586.255,71  euros, para destinalos ao cofinanciamento das dúas  actuación.

http://www.celsodelgado.gal/2019/10/onte-recibimos-unha-moi-boa-noticia.html

Dicían que o seguinte trámite era levalo a Pleno do Concello para a súa aprobación e así estar en condicións de asinar o Convenio co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF)

Lamentablemente a situación anómala que vive o Concello de Ourense, levou a que este trámite tivese un enorme retraso.

En  todo caso insisto,  en que celebro que finalmente, o Convenio fora asinado e agora estaremos pendentes de que ADIF licite as obras no vindeiro ano.

Neste sentido sinalar que no trámite parlamentario no Congreso dos Deputados dos PGE para 2022, presentamos desde o GPP unha emenda por importe de 589.000 € para que ADIF financiara cunha partida específica as obras dos citados pasos e foi rexeitada pola maioría gubernamental.

Esta era a xustificación da emenda:

“Hay que hacer constar que en la línea ferroviaria Zamora- A Coruña que atraviesa la ciudad de Ourense, hay un paso inferior en la rúa Ramón Puga, pk. 244/881 de gálibo y anchura reducida y que no está dotado de aceras. Y en la línea ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo que atraviesa Ourense hay un paso superior a la misma p. k. 48/241 en la Rúa Tarascón, en el que no se pueden cruzar dos vehículos, y que no está dotado de aceras.

Teniendo en cuenta esta problemática, Concello de Ourense e ADIF acordaron que ADIF redactaría los proyectos, lo que quedó cumplimentado en 2018, correspondiendo ahora proceder a la ejecución de las obras, para la que ambas partes han mantenido conversaciones al respecto, causando por ello sorpresa la nula consignación presupuestaria de ADIF.”

En los PGE de 2018 este proyecto (4047) estaba dotado con 589,00 miles de euros, pero en el actual presupuesto no recibe consignación alguna."