Así se desprende, abundou, do informe avaliado esta mañá no
Consello da Xunta que tamén prevé un crecemento medio do PIB de entre o 2% e o
2,5% anual.
A este respecto, Feijóo explicou que esta folla de ruta para a vindeira década ten 5 eixes prioritarios: o reto demográfico, a Galicia verde e sostible, a competitividade e o crecemento, a cohesión social e territorial, por último, a gobernanza.
Ademais destes cinco eixes, o Plan ten 20 prioridades de actuación,
70 obxectivos estratéxicos e 140 indicadores para avaliar as súa consecución.
A
maiores, o presidente da Xunta tamén se referiu aos obxectivos que se pretenden
acadar noutros eidos como a competitividade, o campo da saúde e a calidade de
vida no que o obxectivo é que o 100% das persoas dependentes reciban unha
prestación efectiva, a educación ou a sustentabilidade.
Así,
no relativo á competitividade fixo fincapé na pretensión de aumentar o peso do
sector industrial, ampliar o tamaño das empresas en máis dun 25%, duplicar o
gasto en I+D+i, incrementar un 25% o número de empresas innovadoras ou que o
90% da poboación adulta teñan competencias dixitais básicas.
A nivel educativo aspírase a reducir a taxa de abandono escolar temperán ata o 7%, acadar un 45% da poboación de entre 25 a 64 anos con estudos superiores e a obter unha taxa de cobertura escolar de 0 a 3 anos con prazas públicas do 60%.
E, finalmente, no referido á sustentabilidade buscarase avanzar cara unha
Galicia climaticamente neutra coa redución dos gases de efecto invernadoiro ata
o 55% respecto a 1990 e aumentar o peso das renovables no mix produtor ata o
58% no consumo final.