O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de novembro de 2021.
Son
os seguintes:
Galicia: Baixa
o paro en 1.298 persoas (-0,84%), quedando situado en 152.747 persoas.,
en niveis precovid-19, acadando unha cifra case
idéntica á que había en novembro de 2007.
É a primeira vez que o paro descende na comunidade galega nun mes de novembro de toda a serie histórica (1996). En España a baixada é maior (-2,28%), xa que en Galicia o descenso do desemprego estase a experimentar desde o primeiro trimestre do ano. De feito, ao longo do ano, nos últimos once meses, en Galicia o paro baixou nun -19,43% fronte ao -18,14% de España.
Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -18,52% (-34.725 persoas). É a maior baixada de toda a serie histórica de datos (1996) en termos relativos e absolutos e supera en 1,16 puntos a baixada do Estado (-17,36%). Galicia acumula xa oito meses consecutivos nos que baixa o desemprego, situándose a cifra global (152.747) a un nivel case idéntico ao reflectido en novembro de 2007 (152.728), antes do inicio da crise económica.
O desemprego
con respecto a novembro de 2020 descendeu nas principais variables: nas catro
provincias e sete grandes cidades; nos menores de 30 anos; nas mulleres;
maiores de 44; e parados de longa duración. Tamén baixou en todos os sectores
económicos liderando a caída o sector primario (-21,92%), seguido da
construción (-21,71%), dos servizos (-17,77%) e da industria (-14,58%). A cifra
de mulleres e de menores de 30 anos desempregados son as máis baixas nun
novembro de toda a serie histórica de datos (maio 2005).
¡
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en novembro en relación co mes
anterior en - 252 persoas, un – 1,43 %.
O
número de parados queda en 17.321 deles 7.350 son homes e 9.971 mulleres, 16.486
son maiores de 25 anos e 835 menores.
Por
sectores, 966 son da agricultura, 1.965 da industria, 1.204 da construción, 11.612
dos servizos e 1.574 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a novembro do ano pasado, 3.743 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
-17,77 %