Publica hoxe “Nos” Diario unha entrevista
que me fixo onte o xornalista André Mauricio que titula: “Celso Delgado (PP): "A solución de Alcoa está
nas mans do Executivo".
Esta é a transcripción:
“Os Orzamentos Xerais do Estado de 2022 recibiron a luz
verde do Congreso e atópanse no Senado continuando a súa tramitación
parlamentar. O deputado do Partido Popular da Galiza no Congreso, Celso
Delgado, valora as contas e explica os principais retos no que resta dunha
lexislatura que está no seu ecuador.”
—Que resumo fan da primeira metade da lexislatura?
—Como valoran os Orzamentos Xerais do Estado?
Se as
premisas son falsas, pois o resultado é que a política de ingresos non se vai
cumprir, sumado á monumental inflación que supera o 5%. Segue medrando o gasto
improdutivo e desde a perspectiva galega botamos en falta bastantes cousas.
Desde o
punto de vista cuantitativo, os orzamentos prevén un investimento do 8,3% do
total rexionalizado, cando nos últimos Orzamentos Xerais do Estado do Partido
Popular (PP) era do 9,3%, polo que consideramos que están por debaixo dos
estándares mínimos para a Galiza.
No ámbito industrial botamos
en falta propostas para as empresas electrointensivas, cun prezo da enerxía
pouco competitivo, este grupo parlamentar presentou iniciativas nese sentido e
para crear un fondo na Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI)
para triangular a venda final a un operador solvente da planta de Alcoa na Mariña. Unha intervención temporal
para apoiar esta industria. Nesa liña, presentamos unha emenda para dotar os
estaleiros de Ferrol de carga de traballo e outra para instalar un dique seco.
En
infraestruturas, falta un apoio decidido ás autovías pendentes de construír na
Galiza, a de Lugo a Ourense, de Ourense a Ponferrada ou a autovía da Mariña
lucense. E en materia ferroviaria gustaríanos unha maior aposta polo corredor
atlántico e polo ferrocarril convencional.
—Se están a favor da intervención en Alcoa, por que votaron en contra da emenda do BNG durante a tramitación dos orzamentos para efectuar unha intervención pública?
A emenda
do BNG tiña un orzamento de 200 millóns
de euros e pretendía intervir de xeito non temporal. Por 200 millóns de euros
non se pode adquirir a factoría. En todo caso o voto do PP non era suficiente
para aprobala. Creo que hai coincidencia entre BNG e PP para solucionar o tema
de Alcoa mais a pelota está no tellado do Goberno e non no noso.
Retos para a segunda parte da lexislatura
“Hai máis de 3 millóns de
desempregados e persoas que queren traballar que non atopan emprego mentres a
inflación, que supera o 5%, está afectando a competitividade das empresas e das
clases medias e máis desfavorecidas”, sostén Delgado, que reclama impulsar de
xeito específico o crecemento económico e político.
Asemade, pon o foco nos
proxectos financiados pola Unión Europea como o elemento máis importante do que
resta de mandato parlamentar. “Queremos que esa selección de proxectos sexa
competitiva e teña en conta as potencialidades daqueles que os prepararon”.
Ademais, sinalou a súa
preocupación no caso de “que se utilicen como moeda de cambio polo Goberno
estatal para contentar a aqueles territorios con partidos políticos” propios
que están a apoiar as contas presentadas polo Executivo.