Visito hoxe no Pazo do Hórreo, a mostra “O poder da palabra. 40 anos do Parlamento de Galicia.1981-2021” , comisariada polo historiador Ramón Villares e que fai un percorrido polos dos 40 anos da historia da Cámara galega.
Enmárcase na programación impulsada pola Cámara para recordar os 40 anos da Autonomía de Galega, actividades que botaron a andar o pasado 6 de abril, no aniversario da promulgación do vixente Estatuto de Autonomía coa entrega das Medallas do Parlamento á Xeración Nós.
Xa o 12 de abril celebrouse unha xornada titulada “Catro décadas de autonomía de Galicia. Retos e oportunidades”, inaugurada polo presidente do Tribunal Constitucional.
A esta xornada seguiron outras actividades semellantes con participantes diversos e sempre desde unha óptica de pluralidade.
Foi emocionante ver nesa exposición varios recordos da miña presenza nese Parlamento, na V Lexislatura. Daquela fun elixido membro da Mesa, concretamente vicepresidente primeiro.
Estiven desde o 18 de novembro de 1997 ata o 28 de marzo de 2000, data na que fun elixido deputado no Congreso. O meu sucesor na Mesa foi Miguel Santalices o que hoxe é presidente.
Por cierto que ao remate do acto solemne de hoxe tiven oportunidade de saudar aos ex presidentes Garcia Leira e Pérez Vidal e de felicitar ao presidente Santalices polo éxito dos actos conmemorativos deste aniversario e fixeronos un ha foto baixo a praca hoxe descuberta, que reza, “De hoxe noutros corenta anos”