Polo seu interés, destaco algunas das información que trasladou Fernández en que constan na web do Inorde, afirmando que “a chegada da Alta Velocidade a Galicia abre un novo escenario de oportunidades para o noso territorio, ao converterse Ourense no aeroporto terrestre da nosa Comunidade”.
Ante esta nova realidade, desde a Deputación de Ourense, a través do Inorde
“traballamos para xestionar que o fluxo de viaxeiros do AVE teña un impacto
positivo no conxunto da provincia” e co apoio da Axencia de Turismo de Galicia,
“levamos a cabo unha campaña de promoción baixo o lema “Ourense Coge
Velocidad”.
http://inorde.com/gl/ourense-coge-velocidad/
O fin era “xerar notoriedade do noso
destino ante os potenciais visitantes de proximidade da capital española”,
lembrou Rosendo Fernández.
“O obxectivo desta campaña, e doutras
actuacións que se veñen desenvolvendo de forma previa á chegada da Alta
Velocidade desde o goberno provincial, é posicionar a Ourense como un destino
turístico de referencia capaz de conxugar ese incremento de visitantes ao noso
territorio cun modelo turístico sostible, sen aglomeracións, no que prime a
calidade”, afirmou Rosendo Fernández.
Ademais,
o feito de que “Ourense se atope a tan só dúas horas e quince minutos da
capital de España, tamén nos converte nun destino moi atractivo, non só para
ese mercado de proximidade que busca un destino seguro, tranquilo, cunha ampla
oferta natural, patrimonial, enogastronómica e termal, senón que nos abre a
posibilidade de que viaxeiros doutros puntos de España nos escollan pola nosa
proximidade e boas comunicacións ferroviarias con Madrid, que concentra a gran
maioría de saídas e chegadas de viaxes do noso país”, engadiu Rosendo
Fernández.
As
previsións do Ministerio de Transportes e RENFE son que o tráfico de viaxeiros
de longa distancia en tren pasen dun 20% a un 50% en Galicia. “Isto implica que
un 30% máis de viaxeiros de longa distancia vaian a entrar e saír da comunidade
a través de Ourense, coas oportunidades que isto supón para o noso territorio”,
sinalou o presidente do Inorde, quen lembrou que a inauguración da liña de Alta
Velocidade Madrid-Ourense tamén “propiciará a viabilidade de investimentos no
territorio, especialmente no ámbito turístico, xa que se incrementan
exponencialmente as opcións de rendibilidade”.
Parabéns ao INORDE e a Deputación de Ourense.