Inmediatamente respondín por ese medio dixital, celebrando a noticia e dando un sentido parabén á Fundación polo “importantísimo labor asistencial con carisma cristián, potenciado o emprego no medio rural e contribuindo o desenvolvemento de Ourense e de Galicia”
Lembro agora como hai casi cinco anos, o 2 de marzo de 2017, participaba nas actividades programadas para conmemorar o 25 aniversario da Fundación San Rosendo. Asistía en primeiro lugar a unha eucaristía na catedral de Ourense, presidida polo titular da diocese D. Leonardo Lemos que concelebró con bispos e arcebispos galegos e de Astorga, ademais do cardeal arcebispo de Madrid, Carlos Osoro.
E despois acudimos a Laias a un xantar e finalmente pola tarde asistín no Teatro Principal a unha conferencia do cardeal-arcebispo de Madrid Carlos Osoro.
O que foi bispo de Ourense dixo entón e que "O labor asistencial realizado por Fundación San Rosendo é excepcional, foi copiada mesmo noutros países e agora cumpre 25 anos de humanismo cristián, de traballar polos que non teñen nada; aqueles que mesmo non son rendibles para outros.
2-3-2017 |
Osoro eloxiou o labor de Benigno Moure, "un home tan excepcional como o é a súa obra e ao que quero e admiro" e engadiu "acostumo a dicirlle a Don Benigno que el repite a a historia de San Pablo cando escribe cando non fixo outra cousa na súa vida que traballar polos pobres".
Tras esta experiencia, en 1992, o Bispado de Ourense constitúe a Fundación San Rosendo con fins xerais de interese galego para desenvolver funcións de asistencia social. A Fundación toma o nome de San Rosendo, en referencia ao bispo ourensán que loitou pola xustiza, o desenvolvemento e o benestar desta provincia.
Desde o seu nacemento envorcouse en dar solución ás necesidades máis perentorias da sociedade galega e dos colectivos máis débiles: nenos, maiores e persoas con discapacidade.
A Fundación dispón de 73 centros asistenciais entre residencias de maiores, apartamentos tutelados, centros de discapacidade e de rehabilitación; ademais de tres centros de augas mineromedicinales, repartidos polas catro provincias galegas. O 85% destes centros atópanse en concellos rurais.
A Fundación conta con preto de 3.846 prazas asistenciais, e ten 1.942 traballadores.
O obxectivo prioritario da Fundación San Rosendo é prestar axuda e benestar aos colectivos máis desfavorecidos de Galicia, desde unha perspectiva de integración e participación activa na sociedade e, ao mesmo tempo, xerar valor engadido na contorna no que se integran os centros asistenciais.
O meu recoñecemento máis sinceiro o traballo desta Fundación que dirixe José Luis Gavela e unha total admiración polo fundador, o cura Don Benigno Moure.