jueves, 20 de enero de 2022

Na Feira Internacional de Turismo -Fitur 2022

Acudo esta mañá a 42ª edición da Feira Internacional de Turismo -Fitur 2022 que celebrase de novo no recinto ferial Juan Carlos I de Madrid.

No stand da Xunta celébranse nesta feira medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos da nosa comunidade nun espazo de máis de 1.000 metros cadrados no que preséntase a Galicia como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo e co Camiño de Santiago como eixo central.

Asisto hoxe as seguintes:

Plan de Sustentabilidade Turística Ourense Termal


O modelo de turismo de Galicia basease na seguridade, a calidade e tamén a sustentabilidade. A Xunta, na súa aposta polo desenvolvemento sostible, apoia na provincia de Ourense con 1,3 millóns o Plan de Sustentabilidade Turística en Destino Ourense Termal da Deputación de Ourense, que hoxe o vicepresidente primeiro da Xunta presentou en Fitur co presidente do organismo provincial, Manuel Baltar

Alfonso Rueda considerou que este plan é unha oportunidade única para o desenvolvemento do termalismo no rural da provincia ourensá e resaltou a capacidade do turismo termal para desestacionalizar e diversificar a oferta turística, así como o peso de Galicia neste sector ao liderar a oferta a nivel nacional. Por iso, o Goberno galego fomenta este tipo de turismo apoiando a mellora das infraestruturas dos balnearios galegos xunto coa formación e a innovación neste ámbito.

Tamén sinalou que a chegada do AVE a Ourense o pasado 21 de decembro, convertendo á cidade no gran centro nodal do turismo en Galicia e nunha vantaxe competitiva para atraer a novos turistas a Galicia neste Xacobeo 21-22

Alfonso Rueda confíou en que este 2022 Galicia poida celebrar o Xacobeo 21-22 que merece e que sexa o gran ano do turismo para a comunidade porque ofrece unha proposta tranquila en espazos abertos e en contacto coa natureza que buscan os viaxeiros pospandemia.

Nesta liña, lembrou que o reforzo da mensaxe de Galicia como destino seguro e de calidade permitiu o ano pasado situar á comunidade nos postos de cabeza da recuperación do turismo en toda España, case 25 puntos por riba da media nacional con 3,5 millóns de viaxeiros e 8 millóns de noites, sendo o único destino que en agosto superou as cifras turísticas de 2019. Ademais, no Camiño de Santiago superáronse tódalas expectativas con 180.000 Compostelas, 40.000 máis que as 140.000 coas que estaba previsto pechar o ano 2021.

O vicepresidente primeiro da Xunta indicou que Galicia volverá a estar de moda este ano, ao igual que o estivo o ano pasado grazas ao esforzo do sector e ao apoio da Xunta para contribuír á súa recuperación con máis de 120 millóns de euros en distintas liñas de axuda e medidas pioneiras, como o bono turístico para inxectar liquidez mediante o consumo interno, ou o seguro coronavirus para ofrecer un plus de tranquilidade cubrindo os gastos derivados ante un caso de infección por covid.

Neste ano, a Xunta espera mellorar os datos cuantitativos e cualitativos para consolidar Galicia como un destino 

Presentación Xeodestinos

Na presentación do Xeodestino Ribeiro-O Carballiño, o delegado territorial Gabriel Alén destacou o seu potencial vitivinícola e termal, “presentamos recentemente a Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia co obxectivo do posicionamento dos viños galegos, aumentar o seu competitividade en mercados nacionais e internacionais e transformar, de aquí a 2026, a capacidade de xeración de valor dos territorios nos que se produce”; valor –continuou o delegado territorial- en que xogará un papel fundamental a Lei de recuperación da terra agraria para garantir a rendibilidade do sector do viño e o seu sustentabilidade así como a permuta xeracional”.

De fama lendaria e recoñecidos internacionalmente, -reiterou Gabriel Alén- “os viños do Ribeiro son o froito da sabia combinación das súas uvas autóctonas e o bo facer dos viticultores, bodegas e colleiteiros”. De feito, é a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, e eventos como a Feira do Viño do Ribeiro que se celebra cada primavera en Ribadavia; o festival Espírito Ribeiro, que conxuntamente organizan, Arnoia, Cenlle e Castrelo de Miño, ou A Festa dá Vendima que o instaurou o concello de Leiro, son certames que merece a pena que coñecer e gozar.

O termalismo como recurso turístico consolidado, que en palabras do delegado territorial “deu lugar ao establecemento dos máis modernos balnearios de Europa onde se desenvolven as terapias máis innovadoras; concepto termal que callou na feira de Termatalia; unha marca do termalismo mundial que, grazas ao Segundo Congreso sobre Auga e Saúde, seguirá situando a Galicia e a Ourense como centros de formación profesional internacional nesta materia”. Termalismo –engadiu o delegado territorial- “que camiña preto da práctica da actividade deportiva de primeiro nivel como é o caso da que se está a desenvolver no Parque Náutico de Galicia, que este ano acollerá La Coupe de la Jeunesse”.

Gabriel Alén tamén recalcou a importancia das efemérides de exaltación de produtos gastronómicos como A Feira do Pulpo en Carballiño, A Festa do Pan de Cea, A Festa do Pemento na Arnoia ou a Festa da Anguía en Castrelo de Miño.

Do Xeodestino Manzaneda – Trevinca – Valdeorras, o delegado territorial avanzou que se trata “dun destino de ecoturismo experiencial, onde é posible gozar da Estación de esquí de Cabeza de Manzaneda, a única de Galicia para a práctica de todo tipo de deportes de inverno e de aventura”. Montaña e natureza van da man –subliñou Gabriel Alén- “e saben como atraparnos en espazos espontáneos singulares, lagoas glaciares, ríos e embalses propicios para practicar todo tipo de deportes acuáticos”.

Gabriel Alén referiuse tamén ao Centro Astronómico Trevinca, creado grazas á cooperación entre os gobernos local, provincial e autonómico; e certificado pola Fundación Starlight como un dos mellores destinos turísticos do mundo para gozar das estrelas e que está dando lugar a un crecente astroturismo, que ha evolucionado desde unha concepción dunha actividade que se desenvolve en lugares pechados como observatorios e planetarios, ata un concepto actual onde esta actividade aproveita ademais os recursos naturais e culturais en espazos a

Feiras internacionais vinculadas ao turismo:  Xantar e  Termatalia


Asisto tamén á presentación de dúas feiras internacionais vinculadas ao turismo:  Xantar e  Termatalia a cargo do director xerente de Expourense, Rogelio Martínez.

Ambas as citas poñerán en marcha distintas accións profesionais enmarcadas no dobre Ano Santo Xacobeo 2021-2022 e será a primeira edición que se celebre tras a chegada da Alta Velocidade a Galicia, o que facilitará a presenza de expositores e visitantes internacionais ao situarse Ourense a 2 horas e 15 minutos de Madrid. Tanto  Xantar como  Termatalia son dous das cinco feiras internacionais de Turismo que se celebran no noso país e que están ratificadas polo Goberno de España.


Termatalia
presenta en FITUR a súa 20ª edición. Tras tres anos sen celebrarse por culpa da pandemia, a Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar anunciará que neste 2022 volverá celebrarse como feira completa e presencial como viña facendo ata 2019, ano da última edición. Celebrarase do 29 ao 30 de setembro e volverá virar sobre a capacitación profesional, o negocio e o capital  relacional. O obxectivo, converterse no gran punto de reencontro da comunidade termal congregando a profesionais dunha trintena de países.

Na presentación de  Termatalia o director da feira, Rogelio Martínez, estivo acompañado polo presidente da Sociedade Española de  Hidrología Médica, Dr. Francisco  Maraver; polo alcalde do municipio termal de Santa Rosa de Cabal en Colombia, Rodrigo Toro; e pola directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, presenta en FITUR a súa 23ª edición que estará marcada pola chegada da conexión da Alta Velocidade, o que converte a esta cita nunha motivación turística en se mesma. 

O obxectivo será animar aos destinos do “eixo Ave” desde Madrid a promocionarse en  Xantar e tamén a promocionar a feira alí para animar a posibles visitantes. Celebrarase entre o 9 e o 13 de novembro, un mes especial para a cidade e provincia coa celebración do San Martiño e os Magostos, que é unha época idónea para gozar de Ourense. A prorrogación do Ano Santo Xacobeo volverá ser o fío condutor dándolle protagonismo á gastronomía dos Camiños.

Na presentación de  Xantar o director de  Xantar, Rogelio Martínez, estivo acompañado polo presidente da Entidade de Turismo Porto e Norte, Luís Pedro Martins; polo xerente da Axencia Galega de Turismo, Emilio da Igrexa; e polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense e presidente do comité executivo da Fundación Expourense, Gabriel Alén.