Así que durante a campaña electoral tiven a primeiras ocasión de tratar a D. Manuel, e de compartir con el intervencións en mitines, paseos, visitas e almorzos con afiliados e simpatizantes.
Lembro especialmente o celebrado en outubro do citado ano no Barco de Valdeorras no que tamén falara a xa desaparecida ex ministra Loyola del Palacio. Nesta foto se expresa a vitalidade e a forza desde “político total” que foi Manuel Fraga Iribarne.
Sinceramente, sentíame atafegado pola súa presenza, pois ademais de impresionarme a súa enorme talla política, estaba a intelectual que supoñía que sobre calquera tema de conversa que se abordase, o presidente Fraga, posuía coñecementos amplisiímos.
Recordo que nun dos meus primeiros mitínes, estando ao seu lado, e vendo os meus lóxicos nervios antes de subrir ao atril para intervir, díxome "Delgado, non estea Vd, preocupado farao moi ben". Eu deille as grazas e certamente as súas palabras tranquilizáronme.
Afortunadamente esas eleccións autonómicas de 1997 saíron moi ben para o noso Partido, xa que obtivemos 42 escanos, o 52,8 % dos votos, o que permitiu a súa investidura como presidente o 3 de decembro do mesmo ano.
Na miña etapa como vicepresidente primeiro do Parlamento de Galicia desde 1997 ata o ano 2000, tiven oportunidade en directo de constatar a súa enorme capacidade de traballo e de entrega, que non deixaba de sorprenderme. Recordo que moitas veces cando eu chegaba ao hemiciclo do Pazo do Hórreo, para comezar a sesión plenaria desde o meu lugar na Mesa vía como o presidente Fraga xa levaba quince minutos sentado no seu escano lendo con detalle os xornais do día para logo dar conta aos seus Conselleiros e colaboradores daquelas noticias que lles interesaban para que se ocuparan delas. Tamén lembro os seus potentes discursos, a imponente documentación que sempre acompañaba as súas planificacións e os seus orzamentos e a enorme seriedade que esixía no traballo aos seus colaboradores.
Tras a miña marcha a Madrid no ano 2000 para ocupar un escano no Congreso dos Deputados, vin mantendo con Fraga contacto ben derivado das reunións do Comité de Dirección do PPdeG e tamén polo seguimento que o presidente Fraga facía das infraestruturas galegas na xestión dos executivos nacionais. Diso falarei noutra entrada.
Baixo a presidencia de Fraga durante dezaseis anos tivo lugar unha gran transformación da realidade de Galicia, co impulso da nosa autonomía e das súas competencias, da modernización da economía e das infraestruturas, da consolidación da imaxe dunha terra de oportunidades.
Acto conmemorativo en Vilalba polo décimo aniversario do falecemento
Tras salientar que Fraga é o líder que durante máis tempo presidiu a Xunta, puxo en valor que baixo o seu mandato se desenvolveron todas as institucións estatutarias, Galicia gañou prestixio nacional e internacional, acuñouse o termo bilingüismo cordial na Lei de Normalización Lingüística e logrou que os galegos do exterior se sentiran máis galegos.
Rematou dicindo que a mellor
homenaxe que se lle pode facer é continuar co seu legado de construír un PP
maioritario en Galicia e en España.