Fun recoller na area de atención ao público unha folla de dosificación de anticoagulante para o meu pai de 93 anos. Previamente unha enfermeira dese Centro despzrazouse ata o domicilio a tomar a mostra de sangue do sintrom. O mercores pasado outra enfermeira dese Centro de Saúde estivo tamén no domicilio dos meus país facendo unha cura dunha ferida a miña nai, que está impedida e non pode sair de casa.
Conto
esta satisfactoria vivencia persoal, para reflexionar sobre o inxente e eficaz traballo que
prestan os sanitarios de atención primaria
do SERGAS, máxime nesta época na que o coronavirus golpea con forza. Hoxe
mesmo na área de Ourense hai 7.454
casos activos e no conxunto de Galicia un total de 61.635.
Escoito hoxe varias emisoras de radio e vexo a
televisión de Galicia e comprobo como o
PsdeG e o BNG, están en plena campaña de ataque á Xunta de Galicia
pola medida de suxerir a restrición da
actividade en 14 centros de Atención Primaria na área de Vigo, a máis castigada
polo coronaviis, hoxe ten 13.559 casos activos.
Os nacionalistas falan de "ataque contra a sanidade pública, universal e gratuíta, ao obstaculizar a asistencia en casos de enfermidades comúns e non urxentes". Pola súa banda os socialistas denuncian que a Xunta non contratou a profesionais a pesar de recibir diñeiro para iso por parte do Goberno de España. "Xogan coa saúde", din.
É
lexítimo facer oposición, ben plantexada estimula e resulta necesaria, pero non
pode facerse de calquera xeito e sobre todo esaxerando e faltando á verdade.
O certo
é que a atención primaria preocupa moito ao executivo de Alberto Núñez Feijóo e tamén os que formamos
parte do Partido Popular.
Lembro
que o pasado 22 de decembro o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña,
sinalou no Parlamento de Galicia, en resposta a preguntas dun dos grupos da
Cámara referida á atención sanitaria na comarca do Baixo Miño e no concello de
Moaña, que a carencia de profesionais especialistas en medicina familiar e
comunitaria está dificultando a cobertura estable de prazas como as dos centros
destas localidades, nas que quedan vacantes nos concursos de traslados ou é
inviable atopar persoal substituto cando se dan casos de incapacidades laborais
de moi longa duración, tal e como ten ocorrido nestes casos.
O conselleiro salientou que non se trata dun problema económico, como queda evidenciado polo feito de que os Orzamentos da Xunta para 2022 aprobados recenetemente incorporan 541 millóns de euros para persoal de atención primaria, o que supón 99,7 millóns máis que no ano 2009; senón dunha carestía de persoal especialista dispoñible para as prazas de medicina familiar e comunitaria.
Esta dificultade para encontrar persoal substituto é común en toda España, por iso destacou o traballo que realiza a área sanitaria de Vigo para cubrir todas as vacantes e ausencias, optando polas medidas ás que están recorrendo todos os sistemas sanitarios de España, e que foron pactadas na mesa sectorial coas organizacións sindicais, como son a prolongación de xornada e a intersubstitución.
Así, o titular da carteira sanitaria agradeceu a todos os profesionais que asumen cupos dos compañeiros ou que afrontan os días con prolongacións de xornada, o seu traballo e a súa dedicación que posibilita seguir prestando atención aos pacientes.
Porén, lembrou que a chave para resolver este tipo de situacións é a incorporación dun maior número de especialistas en medicina familiar e comunitaria, para o que a Xunta de Galicia ten demandado xa varias medidas ao Goberno de España: en primeiro lugar a acreditación de 64 novas prazas de docencia MIR en atención primaria en Galicia, en segundo lugar a convocatoria extraordinaria de máis prazas MIR de medicina familiar e comunitaria en toda España, en terceiro lugar a creación da especialidade de urxencias para eliminar o trasvase de persoal formado na especialidade de medicina familiar aos servizos de urxencias e finalmente un conxunto de 20 medidas a medio prazo para reformar tanto o sistema de acreditación de prazas docentes como o programa formativo da especialidade de medicina familiar e comunitaria.
Reorganización da atención primaria
En relación coas condicións laborais, o
conselleiro reiterou a aposta da Xunta de Galicia pola creación do contrato de
continuidade, unha oferta de contratación estable de ata tres anos e con
compromiso de creación posterior dunha praza fixa.
Este
contrato comezou a implantarse en 2019 e os Orzamentos de 2022 xa crean 82
prazas fixas derivadas dos primeiros que foron asinados, cumprindo co
compromiso realizado. Lembrou tamén que a lei de medidas fiscais e
administrativas aprobada polo Parlamento de Galicia crea unha nova categoría,
a de facultativo especialista en atención primaria, coa intención de poder
ofertar prazas máis atractivas.