sábado, 1 de enero de 2022

As cifras do padrón a 1 de xaneiro de 2021: 47.344.649 habitantes en España, 2.694.245 habitantes en Galicia e 305.223 en

O Padrón Municipal é un rexistro administrativo onde constan os veciños do municipio. A súa formación, mantemento, revisión e custodia corresponde aos respectivos Concellos, quen debe remitir ao INE as variacións mensuais que se producen nos datos dos seus padróns municipais.

O INE, en cumprimento das súas competencias, realiza as comprobacións oportunas co fin de emendar posibles erros e duplicidades e obtén para cada municipio a cifra de poboación. O Presidente do INE, co informe favorable do Consello de Empadroamento, eleva ao Goberno a proposta de cifras oficiais de poboación dos municipios españois referidas ao 1 de xaneiro de cada ano, para a súa aprobación mediante real decreto, declarando así como oficiais as cifras de poboación resultantes da revisión do Padrón municipal e procedendo á súa publicación no Boletín Oficial do Estado.

Pechado o Padrón municipal a data 1 de xaneiro de 2021 resultan estes datos referidos á nosa Comunidade Autónoma desagregado o total, homes e mulleres:

Galicia

      2.694.245

1.296.602

1.397.64


A Coruña

  1.120.134

537.004

583.13


Pontevedra

   944.275

455.910

488.36


Lugo

            326.013

157.892

168.12


Ourense

       305.223

146.495

158.72


En Galicia, a cifra nesa data de 2.694.245 habitantes, supón 7.574 menos (-0,3%) que un ano antes.

A cifra en España de 47.344.649 habitantes supón unha diminución de 106.146 persoas (un -0,2%) respecto a os datos ao 1 de xaneiro de 2020, o seu maior descenso desde 2015 e coincide coa irrupción da pandemia. 

Deste total, 41.936.827 teñen nacionalidade española (o 88,6%) e 5.407.822 estranxeira (o 11,4%). Esta última cifra é unha décima menos que no ano anterior e representa o primeiro retroceso despois de tres anos á alza.