Faise eco, Casado, das novas que chegan de grandes países de Europa. Así en Alemaña o chanceler Olaf Schulz, que preside o tripartito formado por socialdemócratas, liberais e verdes, anunciou que nesta lexislatura rebaixará os impostos aos cidadáns e ás pequenas e medianas empresas do seu país, por un importe de máis de 30.000 millóns de euros.
En Italia, Mario Draghi pon en marcha algunas rebaixas fiscais que afectan especialmente ao IRPF das clases medias por importe de 12.000 millóns.
Insiste pois Pablo Casado no que expresou no pasado mes de novembro
de 2021 con ocasión do debate de emendas á totalidade dos PGE de 2022 afirmando que as propostas do PP pasan por aumentar a competitividade, baixar impostos, aprobar unha reformaenerxética e racionalizar o sector público, entre outras.
Logo no trámite de emendas ao articulado o GPP presentou unha
alternativa a partir de 2.000 emendas, que pretendía baixar 10.000 millóns de
euros os impostos, reducir o Goberno á metade e eliminar as trabas burocráticas
e laborais, como fan os países da nosa contorna. Lamentablemente foron
vetadas ou rexeitadas.
Mentres o goberno de Sánchez sobe os impostos, en Galicia en materia de política fiscal, os
presupostos da Xunta para 2022 inclúen novas rebaixas de impostos no IRPF, no
Imposto de Transmisións Patrimoniais (ITP) e no Imposto de Patrimonio que se
suman a todas as aprobadas nos últimos anos.
A Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo leva
aprobadas tres rebaixas na tarifa autonómica do IRPF en oito anos -2014, 2016 e
2022- co que as rendas máis baixas pagarán no ano 2022 un 22% menos de IRPF que
no 2009. Ademais, case a metade dos contribuíntes galegos deixarán de pagar un
de cada cinco euros por este imposto respecto do que aboaban no ano 2009.
A política
de rebaixa de impostos esténdese a todos sobre os que a Xunta ten competencia
na comunidade autónoma. Así, o ITP rebáixase un 10%, co que o tipo xeral pasa
do 10 ao 9% para reducir a tributación ás familias que adquiren unha vivenda
usada, favorecendo a dinamización do mercado inmobiliario e reactivando a
rehabilitación. En canto ao imposto de Patrimonio mantense o mínimo exento e
bonifícase un 25% a cota.
Ademais
mantéñense todas as rebaixas xa aprobadas no Imposto de Sucesións que sitúan a
Galicia entre as comunidades autónomas con mellor tratamento fiscal para as
herdanzas entre familiares directos e para os irmáns. Neste momento xa están
exentas de tributación o 99,9% das herdanzas por vías directa. Tamén se mantén
o Programa de ‘Impostos cero no rural’ coa eliminación deste tributo para todas
as compravendas de solo rústico, as transmisións totais ou parciais de
explotacións agrarias e as agrupacións de fincas rústicas.
Debe tomar noto o goberno bipartito de Pedro Sánchez das
propostas de Pablo Casado e tomar nota das políticas do goberno de Feijóo.