Son os seguintes:
Galicia: Baixa o paro en relación co mes anterior en 163 persoas (-0,11%), quedando situado en 152.584 persoas. Deles 64.743 son homes e 87.841 mulleres. O número de parados continúa a niveis precovid-19 e é a cifra máis baixa nun mes de decembro de toda a serie histórica de datos (1996). Respecto ao inicio da pandemia (febreiro 2020), o desemprego reduciuse nun -8,21%, un ritmo de baixada que case duplica ao do Estado (-4,32%).
Por sectores, 5.738 son da agricultura, 17.071 da industria, 11.399 da construción, 106.532 dos servizos e 11.844 do colectivo sen emprego anterior.
Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego foi do -19,52% (-37.003 persoas). É o maior descenso desde 1996, tanto en termos relativos como absolutos, unha caída que permite a Galicia acumular nove meses consecutivos de baixada do paro.
O desemprego con respecto a decembro de 2020 descendeu nas principais variables; nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; en todos os sectores económicos; nos parados de longa duración; e en todas as franxas de idade. De feito, a cifra de mulleres desempregadas (87.841) é a máis baixa de toda a serie histórica de datos (maio 2005) e o número de menores de 30 anos en paro (17.749) sitúase como a menor nun mes de decembro, tamén desde maio de 2005.
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en - 275 persoas, un – 1,59 %.
O número de parados queda en 17.046, deles 7.375 son homes e 9.671 mulleres, 16.293 son maiores de 25 anos e 753 menores.
Por sectores, 957 son da agricultura, 1.979 da industria, 1.274 da construción, 11.357 dos servizos e 1.479 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 4.172 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do -19,66 %.