viernes, 14 de enero de 2022

No Foro AVE Madrid-Ourense organizado pola Xunta co lema "Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades”

Participo esta mañá en Expourense nun Foro organizado pola Xunta co lema "Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades”. Un econtro que trataba de analizar as oportunidades e desafíos que supón este fito histórico da entrada en servizo da liña de alta velocidade Madrid-Ourense, a chegada do AVE en Galicia.

Foi inaugurado pola conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, sinalando que “é un acontecemento que ten que ser recordado; tivemos que esperar dúas décadas, pero é un fito histórico e un obxectivo de país. Os galegos non pedimos por pedir”,  e agradeceu o papel dos exministros gallegos, “contribuíron a que a alta velocidade sexa unha realidade”. “Resta traballo por facer e os galegos temos que seguir reclamando as cousas pendentes , para que a alta velocidad chegue ao resto das cidades, e teñan os tempos comprometidos e competitivos”, rematou.

A primeira intervención vía telemática  foi a  do ex ministro José Blanco que se referiu na o "traballo de galeguidade" que se realizou "grazas á presenza continua nos Gobernos de dous ministros galegos" e ao papel que desenvolveu en distintas responsabilidades técnicas a actual secretaria de Estado de Transportes, a lucense Isabel Pardo de Vera.

Blanco aludiu ás presións que sufriron desde distintos sectores políticos, especialmente do ámbito nacionalista catalán, "que aseguraban que o investimento non ía ser rendible, e cos mercados presionando contra a nosa prima de risco", lembrou José Blanco. Para o político socialista, o AVE galego "é un éxito do bipartidismo, que foi capaz de impulsar a maior mobilización de recursos da historia para terras galegas", en referencia aos 10.000 millóns que se investiron en toda a rede. "Galicia entrou no club dos territorios que teñen alta velocidade", dixo, lembrando que países como Estados Unidos aínda carecen deste tipo de infraestruturas. "O AVE chega máis tarde que o desexado, pero Galicia é a primeira comunidade do norte que o ten", engadiu.

Blanco tamén se referiu ap Pacto do Obradoiro como un exemplo "de concertación institucional para conseguir un obxectivo de país", unha infraestrutura que, dixo, durará máis dun século, unha idea que lle animou a modificar o proxecto entre Lubián a Ourense para  segregarlo da liña convencional e conseguir que os trens puidesen circular a 300 por hora ou mesmo a 350 se algunha vez apróbanse eses rexistros.

Logo interveu a ex ministra Ana Pastor, lembrando que o Goberno de Rajoy apostou polas infraestruturas galegas nun momento "moi delicado no que se destruíron 3,4 millóns de empregos".

Pastor tamén repasou a súa xestión nos cinco anos que estivo no ministerio, e lembrou a súa presenza no o Consello de Ministros do Plan Galicia, celebrado na Coruña en xaneiro do 2003, e que deu orixe á inclusión da comunidade nos plans de alta velocidade do Estado. "Fomos ás necesidades reais de España, a vertebrar o territorio, e a facer obras que non se fixeron antes»", dixo, en referencia á marxinación histórica do noroeste e poñendo como exemplo a autovía do Cantábrico, que se culminou durante o seu mandato. Nunha situación de grave crise económica, "tivemos que priorizar e priorizouse Galicia". "Fixemos un esforzo extraordinario nos cinco presupostos que aprobei", lembrou, e agradeceu o labor parlamentario de deputados como Celso Delgado, un papel que tamén recoñeceu José Blanco. 

Ana Pastor lembrou que durante o seu mandato decidiuse construír as estacións de Poboa de  Sanabria e A Gudiña, para que as zonas rurais tivesen conectividade, e tamén se avanzou no protocolo para construír as estacións intermodais, "un empeño do presidente da Xunta". Pastor tamén reivindicou a importancia do eixo atlántico, que inaugurou no seu tramo pendente Santiago-Vigo en abril do 2015.

Tanto Pastor como Blanco insistiron nas suas intervencions na necesidade de que os trens  Avril circulen canto antes polas vías galegas. A  exministra lembrou que promoveu a súa adxudicación a Talgo no 2016, e José Blanco admitiu que deberían chegar no 2021, pero admitiu que se atrasaron pola pandemia e a ruptura da cadea de subministracións.

Despois da intervención de dos ex-ministros comezaron varias mesas moderadas por Gabriel Alén Castro, delegado territorial da Xunta en Ourense

"O AVE no escenario da recuperación turística" con Nava Castro Domínguez, directora de Turismo de Galicia, Cesáreo González Pardal, presidente do Clúster de Turismo de Galicia e Rosendo Luis Fernández, presidente do Inorde

"Galicia, os galegos e o AVE" con Juan Manuel Vieites, presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, José María Lago, alcalde do Concello da Gudiña, Jesús Vázquez Varela, presidente da ‘Plataforma Lugo… non perdas o tren’ e Iria Méndez, portavoz da Plataforma de usuarios do ferrocarril de media distancia

"Un camiño por completar: as etapas pendentes" con Miguel Rodríguez Bugarín, catedrático de Ferrocarrís da Universidade da Coruña, Rui Teixeira, director da AECT Rio Minho e Agustín Hernández, presidente do Consello Económico e Social de Galicia.

Pechou o Foro o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciando que a Xunta creará un comité multidisciplinar para elaborar unha estratexia coa que impulsar o maior crecemento económico e rendemento social do AVE a Galicia.

“Galicia leva moito tempo traballando e vamos a seguir facéndoo: renovamos todas as liñas de transporte interurbano -máis de 3.000-; os menores de 21 anos contan con transporte gratuíto para desprazarse a calquera lugar da Comunidade; e estamos a achegar estacións de autobuses ás ferroviarias”, recordou, ao tempo que engadiu que este comité estará formado por un conxunto de expertos que achegarán propostas a desenvolver co fin de aproveitar a capacidade económica do tren de alta velocidade á Comunidade.

Durante a clausura do foro AVE Madrid-Ourense. Un camiño a Galicia: desafíos e oportunidades, Feijóo incidiu en que a Administración autonómica dedicará o tempo a esta tarefa, “mentres agardamos que se complete o traballo planificado na alta velocidade da nosa comunidade”.

Nesta liña, demandou novamente que os trens de rodadura desprazable se poñan o antes posible ao servizo da Comunidade, co fin de cumprir os tempos de viaxe comprometidos: Santiago-Madrid en 2 horas e 50 minutos; Pontevedra-Madrid en 3 horas e 10 minutos; Vigo-Madrid en 3 horas e 20 minutos; e Coruña-Madrid en 3 horas e 15 minutos.

Sen perder de vista a imprescindible reflexión sobre a conveniencia de adaptar o ancho de vía entre Ourense e Santiago ao ancho internacional, Feijóo expuxo tamén os beneficios que implicarían infraestruturas como a construción dun túnel de conexión entre as estacións madrileñas de Chamartín e Atocha ou a Variante de Olmedo, que faría posible unha conexión directa de Galicia co País Vasco e con Cataluña sen ter que baixar ata Madrid.

O responsable autonómico referiuse ademais ao risco de configurar unha rede ferroviaria galega de dúas velocidades na que Lugo e Ferrol queden descolgadas. “Así, no caso de Lugo, e pese a planificación de modernización da liña, todo semella indicar que se prescindimos das variantes de trazado, o tempo de viaxe con Madrid non será competitivo. E, en relación con Ferrol, o baipás de Betanzos é necesario”, precisou.

Logo de resaltar o necesario compromiso tamén coas conexións de Vigo con Ourense e Porto, coa Variante exterior en Ourense e coa súa estación intermodal, así como coas obras pendentes da remodelación do antigo túnel do Padornelo e o reforzo da subestación das Portas, o titular da Xunta concluíu subliñando que a chegada do AVE a Ourense supón “a oportunidade” para consolidar a cidade das Burgas como a mellor comunicada de Galicia e do noroeste de España."



http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5481704?t=1694