sábado, 19 de febrero de 2022

Queda una semana para que comece en Ourense o Campionato de España Absoluto de Atletismo en pista cuberta


Acudo hoxe a Expourense  para ver algunha das probas sobre LXV Campeonato Xunta de Galicia da categoría Sub. 18 no que participan 320 atletas.

Saliento que nos vindeiros 25, 26 e 27 de febreiro terá lugar nesta magnífica instalación o LVIII Campionato de España Absoluto de Atletismo en pista cuberta


A pista cuberta de Expourense foi instalada pola Xunta de Galicia en decembro de 2017 e nela o Goberno galego investiu preto de 4,5 millóns de euros. Ata o momento xa acolleu unha trintena de campionatos autonómicos e un total de cinco campionatos de España: o sub 20 de 2018, o máster de 2019, o absoluto de 2020, o máster de 2021 e, de novo, este absoluto de 2022.


Prevése que más de 4.000 persoas, entre deportistas, técnicos, xuíces, axudantes, voluntarios e público en xeral, pasen durante os tres días por Expourense, que dende fai xa varias datas, traballa intensamente a nivel organizativo xunto a Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Ourense, así a nivel federativo tanto coa Real Federación Española de Atletismo como coa Federación Galega de Atletismo, para garantir un perfecto campionato que convertirá a cidade das Burgas no epicentro de atención mediática e informativa nacional e internacional a finais deste mesmo mes.


Ademáis trátase do primeiro campionato nacional absoluto coa conexión de Alta Velocidade, a 2 horas e 15 minutos de Madrid, o que facilitará sen dúbida o desprazamento de atletas e afeccionados.


Estamos seguros, que converterase no mellor campionato de atletismo de España da historia.