Na nota difundida, da conta de que “precisou que ata o
vindeiro 7 de marzo estará aberto o prazo da nova convocatoria de axudas para a
transformación e comercialización que, cunha achega de 30 millóns de euros -un
15% máis que a anterior edición-, facilitará, entre outras cousas, garantías
(avais) para préstamos destinados a proxectos, así como expandir iniciativas.
Logo de recordar que este programa ten contribuído
notablemente á competitividade do sector primario, con preto de 400 proxectos
beneficiarios no período 2016-2020 e 100 millóns de euros investidos, o titular
da Xunta salientou tamén que ata o 9 de marzo permanecerá aberto o período de
solicitude das axudas para a incorporación de mozos ao agro, para plans de mellora
e pequenas explotacións.
“Estamos a falar de máis de 37 millóns de euros
destinados a favorecer a remuda xeracional no sector primario, para estimular a
actividade e para favorecer a modernización do noso tecido produtivo no rural”,
abundou, resaltando que, desde 2009, foron máis de 4.000 os mozos que se
sumaron ao sector primario.
Ademais destas axudas, Feijóo afirmou que o Executivo
galego seguirá apoiando a competitividade do rural a través doutras iniciativas
como a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia que conta con figuras
como: os polígonos agroforestais, para mobilizar grandes superficies, como os
dez nos que se está a traballar; as aldeas modelo; ou as agrupacións forestais
de xestión conxunta.
Así mesmo, salientou que os fondos europeos Next
Generation poden ser de grande axuda. Sobre este punto, recordou que entre os
proxectos presentados por Galicia, está a posta en valor de 18.000 hectáreas de
terra abandonada.
O responsable da Administración autonómica concluíu
resaltando a aposta polo rural, pola calidade e por Galicia de Aceites Abril.
“Non en van, estamos a falar dunha empresa que, cunha facturación de 300
millóns de euros, exporta a 60 mercados, entre eles, Romanía, Paquistán,
Bangladesh, Nepal, Libia ou Corea do Sur”, resaltou."
Lembro
agora a visita que o 8 de xuño de 2016 fixen a esta empresa onde
amablemente o seu xerente, José Manuel Pérez Canal explicounos o proceso de elaboración dos seus
produtos e os proxectos desta importante empresa ourensá para a súa expansión
comercial tanto nacional como internacional.
http://www.celsodelgado.gal/2016/06/hoxe-pola-mana-aluns-dos-candidatos-do.html
Case seis anos despois da visita, esta gran compañía familiar soubo superar a adversidade do falecemento dese gran empresario que foi José Manuel Pérez Canal, e seguiron medrando con gran éxito. Parabéns.