miércoles, 2 de febrero de 2022

En xaneiro descendeu en Galicia a afiliación media á Seguridade Social un 1,05 %

 

Coñecemos onte que o número medio de afiliacións ao  Sistema da Seguridade Social en Galicia no mes de xaneiro do ano 2022 acadou a cifra de 1.021.954 para o total do sistema, o que supón un descenso respecto ao pasado mes de decembro de 2021 de -10.831 afiliacións (-1,05 %).

Na comparativa interanual obsérvase un aumento de 29.616 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,98%) e un aumento do 4,24 % (797.681 afiliacións) no conxunto estatal.

As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 77,77% das afiliacións galegas en xaneiro de 2022, baixaron un 1,13% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 3,78%. En España estas taxas foron do -1,09% con respecto a decembro de 2021 e do 4,78% en relación ao mes de xaneiro de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,02%). Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (1,38%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,20%) a máis negativa. O crecemento medio da comunidade galega sitúase entón no 0,47%. Para este réxime e con respecto ao mes de decembro de 2021, baixan todas as provincias, resultando para o conxunto de Galicia unha taxa do -0,49%.

As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,70% e unha baixada intermensual do 0,49%. No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto a xaneiro de 2021, caen todas as provincias, destacando Pontevedra (-1,72%). A taxa galega acada entón o -1,44%, inferior á de España (0,50%). Con respecto a decembro de 2021, A Coruña presenta unha baixada do 7,07%, seguida de Pontevedra cunha baixada do 2,36% e Lugo cunha baixada do 1,99%. A taxa galega amosa un descenso do 3,68% con respecto a decembro de 2021. A taxa nacional é do -2,69%

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado mes de xaneiro en 102.317 ocupados, cifra que supuxo un descenso de -875 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,85)

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 2.256 ocupados (2,25 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou xaneiro con 79.184 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.133 afiliados medios.