viernes, 18 de febrero de 2022

En 2021 o valor das exportacións en Galicia ascendeu a 25.269,6 M€, deles 1.016,4 xerados na provincia de Ourense

 

Leo agora na web do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo o Informe Mensual de Comercio Exterior correspondente ao mes de decembro de 2021, elaborado pola Secretaría de Estado de Comercio, e tamén a información facilitada polo IGAPE e o IGE.

Estos son os datos de Galicia.

XANEIRO-DECEMBRO 2021

Exportacións

O valor das exportacións en Galicia ascendeu a 25.269,6 millóns de euros (o 8 % do total nacional) e subiron un 21,1% interanual. É o mellor ano desde que hai rexistros e tamén por riba do 12% con respecto ao 2019, último ano antes da pandemia.

O valor das exportacións incrementouse en todas as comunidades autónomas (Anexo A.6). A comunidade que experimentou un maior incremento interanual das exportacións foi a Comunidad de Madrid (36,3%), seguida polo Principado de Asturias (32,6%) Castela-A Mancha (25,9%) e Cataluña (21,5%)

Importacións

O valor das importacións en Galicia ascendeu a 250.115,6 millóns de euros (o 5,9 % do total nacional) e subiron un 21,2 % interanual.

O valor das importacións aumentou en todas as comunidades autónomas. A comunidade que experimentou un maior incremento interanual das importacións foi o Principado de Asturias (50,6% interanual), seguida por Cantabria (38,5% interanual) e  Illes  Balears (37,6% interanual)

Desagregación sectorial


Os sectores con máis peso nas exportacións galegas, entre os que resaltou o papel do téxtil, cun “crecemento significativo” ao acumular 5.702 millóns, o que supón un 30,3% máis que con respecto ao 2020; a automoción, que amosa unha cifra acumulada no conxunto do ano de máis de 7.041 millóns (+4,6%); a industria do metal, que supera os 1.865 millóns (+52,8%), e o sector agroalimentario, con preto de 3.527 millóns e unha suba de case o 14% en relación ao 2020.

Unhas industrias ás que cabe engadir o bo comportamento do naval, cun incremento interanual do 66,8% que lle permite superar os 583 millóns, e o aeroespacial, un sector emerxente que medra un 83,2%, situándose por riba dos 18 millóns.

Número de empresas galegas exportadoras

O número de empresas galegas que exportaron durante o pasado ano, acadou un novo récord situándose en 9.360, un 31,5% máis que no 2020.

En canto ás exportadoras regulares –as que venderon produtos ao exterior nos últimos catro anos de forma consecutiva- medraron en 44 empresas e acadaron as 2.563.

Provincias galegas

Todas as provincias melloran os seus rexistros elevando o teito das exportacións da Comunidade.

Así, na Coruña, as vendas ao exterior acadaron os 11.457,4 millóns no 2021, o que supón un incremento do 32,3% con respecto ao ano anterior.

Na provincia de Pontevedra, medraron un 11,2%, ata os 12.072 millóns.

En Ourense, incrementáronse un 32,1%, superando a barreira dos mil millóns (1.016,4M€).

E no caso da provincia de Lugo creceron un 23,6%, ata os 723,2 millóns.

Balanza comercial

O incremento das exportacións permite a Galicia contar coa mellor balanza comercial de España en termos absolutos, cun saldo positivo de 5.154 millóns de euros entre as exportacións e as importacións contabilizadas no último exercicio. 

Unha situación que contrasta co conxunto estatal, que continúa en números vermellos (-26.177,9 M€), case duplicando o déficit con respecto ao ano anterior.

Principais destinos nas vendas ao exterior da Comunidade.

Dstacan as importantes subas das exportacións a países menos tradicionais como Grecia (+58,5%), Países Baixos (+37,2%), Bélxica (+33,8%), Polonia (+32,4%), Marrocos (+66,1%) ou Chile (+85,8%). Unhas cifras que complementan aos destinos máis tradicionais como Francia, primeiro mercado exportador con 5.206 millóns (+2,1%); Portugal, que suma preto de 3.250 millóns (+19,1%); ou Italia con 2.437 millóns (+38,7%).

Así mesmo, no referente a China, as exportacións en 2021 sumaron 209 millóns (+11,5%), mentres que as vendas ao exterior galegas con destino Estados Unidos seguen a recuperar unha tendencia positiva: a cifra do ano pasado alcanza os 680 millóns, producíndose un aumento do +63,5% en comparación co 2020.