No encontro abordamos entre outros asuntos as novidades que vai incorporar a Política Agraria Común (PAC) para o período 2023-2027, entre as que destacamos a inclusión dos “ecoesquemas” ou accións voluntarias dos agricultores para a defensa do medio ambiente e polas que obterán pagos; a prohibición do control das poboacións do lobo trala inclusión deste animal na Listaxe de Especies Silvestres en Réxime de Protección Especial (LESRPE); ou as declaracións do ministro de Consumo nas que atacaba á produción e calidade da carne en España.
Non obstante, entre os temas
analizados cómpre destacar “a asfixia económica de agricultores e gandeiros”,
sinalamos, “que ademais de sufrir o baixo prezo das súas producións teñen que
facer fronte agora ao brutal incremento de custos”.
Unha difícil situación que
escoitamos en detalle a través da exposición do presidente de Asaga, onde se
puxo de manifesto un escenario insostible co aumento do prezo da enerxía
eléctrica, dos combustibles, os abonos, produtos fitosanitarios, sementes e
mesmo os plásticos.
“Todo ten un límite”, afirmamos,
“máxime para un sector que vén sendo obxecto desde hai demasiado tempo da
irresponsable actitude e ataques dos socios de goberno de Sánchez, con
acusacións moi graves que só fan un enorme
dano a agricultores e gandeiros,
e ademais co silencio cómplice do ministro de Agricultura que non fai nada para
defender a este sector”.
No caso concreto de Ourense,
durante a reunión quedou patente o gran peso económico, pero tamén social, que
ten na provincia o sector agrícola e gandeiro. “O campo e maila gandeiría son o
principal motor económico das zonas rurais, que no noso caso abranguen o 80 %
do territorio, e constitúen o piar fundamental para o mantemento da poboación”,
destacamos os representantes nas Cortes Xerais, “polo que atacar á agricultura
e á gandeiría é atacar ao futuro do rural e polo tanto da nosa provincia, por
iso imos estar ao carón destes profesionais e das súas xustas reivindicacións”.
Na xuntanza houbo tamén ocasión
de falar da incidencia que ten no sector primario a recentemente aprobada
reforma laboral e a preocupación pola tura reforma das cotizacións dos
traballadores autónomos.
Abordamos as cuestión relacionadas
cos problemas derivados da transición ecolóxica e os residuos gandeiros.
Os representantes ourensáns do
Partido Popular nas Cortes Xerais adoptaremos cantas iniciativas sexan
necesarias para esixir ao Goberno de Sánchez, de modo urxente, a adopción de
medidas para frear o impacto da suba dos custos de produción no sector agrogandeiro