lunes, 28 de febrero de 2022

Remata a 2ª fase da posta en valor e acondicionamento da Ponte Romana e da súa contorna

Hoxe a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, destacou hoxe a  contribución da Xunta á mellora da calidade de vida e ao reforzo do atractivo de Ourense cun investimento total de máis de 1,6 millóns de euros na recuperación e posta en valor da Ponte Romana e da contorna da Capela dos Remedios.

Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, supervisou o resultado das obras da 2ª fase da posta en valor e acondicionamento da Ponte Romana e da súa contorna, que completan as realizadas nunha 1ª fase, centradas na recuperación da propia ponte na que se dotou, ademais, de iluminación específica para realzar a súa monumentalidade, cun investimento de máis de 0,5 M€.

 

A conselleira referiuse á mellora radical e substancial da contorna da Ponte Romana e da Capela dos Remedios que supuxo esta 2ª fase das obras, grazas a un novo investimento da Xunta de 1,1 M€, que tamén permitiu gañar novos espazos públicos para os ourensáns no barrio do Couto.

 

Tal e como indicou, levouse a cabo unha actuación ampla e ambiciosa con dous ámbitos diferenciados.

 

Por un lado, mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Capela dos Remedios, abrindo o espazo para poñer en valor a súa relación histórica. Tamén se construíu un novo acceso ao Paseo das Ninfas, que gaña en accesibilidade a través dun espazo aberto con ramplas, escaleiras, mobiliario urbano e mesmo unha fonte de auga potable.

 

A conselleira explicou que na intervención, ademais, mellorouse a conexión entre a Ponte Romana e a Ponte do Milenio, para o que de lle deu continuidade á beirarrúa a través do arco esquerdo da Ponte Romana, acondicionando o camiño entre as dúas estruturas.

 

Salientou como elementos fundamentais para gañar espazo urbano para os ourensáns, a eliminación do tráfico rodado e a recuperación para o uso peonil do tramo final da Ponte e do acceso ao pavillón e á Capela dos Remedios. Tamén se dotou a zona de novas instalacións de abastecemento de auga, de telecomunicacións, de rego e de alumeado led.

 

Xunto con isto, tal e como referiu Ethel Vázquez, os traballos de acondicionamento da Ponte Romana levaron aparellada unha importante intervención no barrio do Couto, onde se executou un novo skate park, dado que era preciso retirar o existente da contorna da Capela dos Remedios. O novo skate park, integrado na contorna, con 775 m2 e executado en formigón, foi posto xa en servizo o pasado ano, xusto cando se empezou a traballar no antigo espazo, mantendo sempre unha pista dispoñible.

 

Paarabéns á Conselleira Ethel Vázquez por impulsar desde a Xunta a mellora da calidade de vida dos veciños de Ourense e por reforzar o atractivo da nosa cidade.