O obxectivo deste traballo era obter a mellor
solución ao problema do saneamento existente na zona, concretamente
expoñíanse dúas
alternativas a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais do
núcleo de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha
infraestrutura de depuración de augas residuais que cubrira as necesidades
concretas da zona.
O 14 de abril de 2016 a CHMS, daba conta de que licitou
por 82.975 euros o contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora
do saneamento de Velle, en Ourense, O prazo máximo de redacción do proxecto
estímabase en 7 meses.
Hoxe, o actual
presidente da CHMS José Antonio Quiroga, e Armando Ojea, teniente
de alcalde do Concello de Ourense, rubricaron o Convenio de colaboración para o
financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora do saneamento
e depuración de augas residuais en
Velle, T.M. de Ourense.
Quiroga sinalou que
“este proxecto, que supón un investimento de máis de 3.000.000 €, será
sufragado ao 50% entre ambas as administracións, en aras da colaboración
institucional que este Organismo de conca brinda aos distintos concellos que
presentan deficiencias nos seus sistemas de depuración, que minguan a calidade da
auga dos nosos leitos fluviais”.
Afirman na nota de prensa
que “no momento actual, a rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de
saneamento de Ourense, dispoñendo de catro fosas sépticas cuxo funcionamento resulta ser moi
deficiente e provoca recorrentes verteduras ao
rio Miño, augas arriba do encoro de
Velle, o que podería afectar á toma de auga potable situada na marxe esquerda
do río.
O proxecto está
redactado e conta con informe ambiental e de patrimonio cultural favorables, e
todo preparado para o inicio do procedemento expropiatorio.
Celebro a firma deste
Convenio, seis anos despois da firma do Protocolo, e desexo que esta enorme demora non se repitan. nin no proceso expropiatorio nin no de contratación
administrativa e execución.
Realmente a actuación
é moi necesaria, como se dicía xa en 2016, para mellorar o saneamento da
parroquia ourensá de Velle e dar
protección o río Miño.