Acudo
esta mañá á sede do Partido Popular en Ourense para emitir o meu voto ao candidato Alberto Núñez Feijóo, un político con experiencia de xestión que ten como reto levar a estabilidade política e institucional a España que xa logramos en Galicia.
En
toda España son 41.681 os afiliados do partido que se inscribiron para
participar nas primarias e que poderán
votar hoxe luns a Feijóo, único
candidato a liderar a formación, quen logrou unha cifra de apoios para a súa
candidatura de 55.580 avais.
A
pesar de que é candidato único e non había, por tanto, necesidade dunha
votación dos afiliados, Feijóo quixo que
os afiliados non perdesen a voz neste proceso congresual do PP que culminará coa celebración do Congreso os
próximos 1 e 2 de abril en Sevilla.