viernes, 4 de marzo de 2022

Na Gala Anual da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, CEGASAL ue cumple un cuarto de século de vida

 

Asisto hoxe no Teatro Principal de Ourense a Gala Anual da Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego de Iniciativa Social, CEGASAL que cumple un cuarto de século de vida.

Hai 25 anos, tres entidades con sede en Santiago de Compostela, Cogami, Faxpg e Fademga, decidiron unir as súas forzas e crear unha asociación que representase e promocionase os intereses dos centros especiais de emprego de iniciativa social, tamén coñecidos como sen ánimo de lucro. 

Os centros especiais de emprego que conforman a asociación, contan cun 96% de persoas con discapacidade e  os 32 centros de  Cegasal, acadaron unha facturación conxunta alcanza os 75 millóns de euros, empregan a máis de 1.800 traballadores.

Hoxe, a asociación que preside José Antonio Vázquez Freire xa forma parte do tecido social e económico da autonomía e, desde esa consolidación, premia ano tras ano a persoas, institucións e empresas que destacaron polo seu apoio aos principios fundacionais de Cegasal.

O evento de aniversario foi presentado polo xornalista Terio Carrera. 

A gala comezou co galardón na categoría de Administración Autonómica, que este ano recaeu na Consellería de Política Social, cuxa titular, Fabiola García, realizou unha aposta sen precedentes pola economía social, destacando o volume de traballo encargado en 2021 aos centros especiais de emprego de iniciativa social. A conselleira recolleu este premio e contou coa presenza de todo o seu equipo, claramente implicado en promover o emprego na discapacidade.

No apartado de Administración Local, o premiado foi Concello de Lugo, que non é o primeiro ano que goza desta distinción xa que, coa alcaldesa Lara Méndez á cabeza, o seu compromiso coa integración laboral é firme desde hai anos e crece cada día.

A empresa lucense Industrial Recense, pola súa banda, é a distinguida nesta edición. Non só pola carga de traballo aos centros de Cegasal, que tamén, senón por ser un exemplo de boas prácticas empresariais e responsabilidade social corporativa. Esta firma de Lugo está especializada en dar resposta aos novos retos na construción.

O alcalde de Carballo será o encargado de pechar o primeiro bloque de premiados. Evencio Ferreiro, que xa recolleu o Premio  Cegasal o ano pasado pola contribución da súa  Concello ao emprego da discapacidade, recibe neste 2022 un galardón á súa traxectoria persoal, ao seu apoio aos que teñen máis difícil a súa incorporación ao mundo laboral. Ferreiro é un exemplo de compromiso ao longo de toda a súa traxectoria pública.

TVE-Galicia, La Región e Joel Gómez, de La Voz de Galicia

Os Premios Cegasal comezaron a entregarse fai cinco anos para recompensar aos xornalistas que destacasen polo seu especial apoio ás persoas con discapacidade. O traballo dos profesionais dos medios é fundamental para dar visibilidade, o que permite normalizar o emprego inclusivo e poñer en valor as capacidades das persoas con discapacidade. Este ano, os premios recaeron en TVE-Galicia polo traballo “ Enfermidade mental e  emprego”, da xornalista Matilde Vázquez e o reporteiro gráfico Carlos  Purriños , e en  Monchi Sánchez, Xefa da Sección de Local do diario ourensán La Región, polo reportaxe “Jardines para cultivar otra vida”, centrado nos traballadores de  Aspamadis.

Ademais, o xornalista Joel Gómez, de La Voz de Galicia, veu recoñecida a súa traxectoria de case 30 anos informando neste xornal, a maior parte deste tempo desde Santiago, sobre iniciativas de economía social. Gómez deu voz e visibilidade ao longo deste tempo a numerosas persoas vinculadas ao mundo da discapacidade ou do emprego inclusivo.

Homenaxe aos conselleiros de  Emprego dos últimos 25 anos

Na Gala Cegasal tamén houbo tempo para botar a vista atrás. A asociación que preside José Antonio Vázquez Freire é, hoxe en día, unha referencia a nivel nacional grazas, en gran medida, á aposta que fixeron os distintos conselleiros de  Emprego da Xunta de Galicia por darlle o recoñecemento e a importancia necesaria. Manuela López Besteiro, Ricardo Varela, Beatriz Mato, Francisco Conde e María Jesús Lorenzana encarnan o pasado, presente e futuro dunhas políticas de emprego que, desde o primeiro momento, tiveron moi en conta o labor que podería desenvolver esta asociación. Elas e eles, que est¡veron presentes na gala, tiveron a súa particular homenaxe.

Feijóo resalta o compromiso coa discapacidade

Pechou o acto o  titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacando o compromiso coa discapacidade, cun investimento neste 2022 de 142 millóns de euros, o máis elevado da historia da autonomía para acadar unha Galicia de oportunidades, na que todos temos un sitio.

Feijóo aseverou que estes fondos buscan percorrer todas as necesidades e circunstancias das persoas que presentan algún tipo de discapacidade. Así, para os máis pequenos precisou que se superará o medio centenar de unidades de atención temperá; e, para os que presentan un maior nivel de afectación, nos vindeiros meses poranse en marcha 280 novas prazas de atención á discapacidade, 110 delas en Ourense, no futuro Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD).

Nesta mesma liña, salientou a posta en marcha do Plan Emprega discapacidade e exclusión social que, cun investimento de 46 millóns de euros, céntrase na intermediación laboral, a formación e o sostemento dos centros especiais de emprego. Ademais de recordar que a Administración autonómica incorporou ao seu cadro de persoal a 1.000 traballadores con discapacidade intelectual e que Galicia é unha das comunidades cunha maior taxa de integración nas mesmas aulas que os demais cativos.

Ao longo da súa intervención, Feijóo quixo destacar o esforzo de todos os premiados e a súa contribución para desmentir moitos dos prexuízos que aínda pesan: “Detrás de cada un das 3.550 persoas que traballan nun centro especial de emprego, tres veces máis que en 2009, existe unha dobre historia: eles demostran que as súas capacidades desbordan con moito ás súas discapacidades; e o resto dos galegos superamos os prexuízos que aínda seguen pesando sobre as persoas con discapacidade”, precisou.

O presidente da Xunta concluíu enxalzando o labor dos centros especiais de emprego, “xa que o emprego -aseverou-, é o mellor camiño para acadar a plena inclusión social”.