Alberto Núñez Feijóo comunicou esta mañá ao presidente do Parlamento de Galicia a súa renuncia como presidente da Xunta no transcurso dunha reunión celebrada na sede do Lexislativo galego.
Unha vez comunicada a renuncia, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, comunicará a decisión de Núñez Feijóo a S.M. o Rei Felipe VI e ao presidente do Goberno de España aos efectos que correspondan.
De seguido, o presidente do Parlamento convocará ao representantes do grupos parlamentarios para a celebración, na mañá do vindeiro luns, da rolda de consultas prevista no artigo 136.1 do Parlamento de Galicia para propoñer candidato á Presidencia da Xunta de Galicia e iniciar o procedemento de investidura.