Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase en 19.834.504, rexistrando un aumento do 0,71% con respecto ao pasado mes de febreiro.
Na comparativa interanual (marzo de 2022 con marzo de 2021) obsérvase un aumento de 29.724 afiliacións no total do sistema en Galicia (2,98%) e un aumento do 4,83% (913.602 afiliacións) no conxunto estatal.
O número medio de afiliacións á Seguridade Social aumentou
con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias galegas. A
Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións cunha taxa de
variación interanual do 3,59%, o que supón 15.401 afiliacións máis, seguida de
Pontevedra (2,57%), Lugo (2,42%) e, por último, Ourense (2,41).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de marzo con
respecto ás do mes de febreiro, rexistrouse en Galicia un incremento do 0,23%.
A Coruña presenta o maior incremento cunha taxa de variación intermensual do
0,54%, seguida de Lugo (0,17%) e Ourense (0,12%). Pontevedra é a única
provincia na que diminúen, cunha taxa de variación intermensual do -0.11%.
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o 77,86% das afiliacións galegas en marzo de 2022, aumentaron un 0,25% con respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do 3,89%. En España estas taxas foron do 0,81% con respecto a febreiro de 2022 e do 5,57% en relación ao mes de marzo de 2021.Por provincias, Lugo é a que presenta unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,17%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, Pontevedra (0,84%) amosa a taxa de variación interanual máis positiva, e Lugo (-1,51%) a máis negativa. O crecemento medio da comunidade galega sitúase entón no 0,06%. Para este réxime e con respecto ao mes de febreiro de 2022, baixan Lugo e Pontevedra e soben Ourense e A Coruña, resultando para o conxunto de Galicia unha taxa intermensual do -0,01%. As taxas nacionais para este réxime presentan unha subida interanual do 1,40% e intermensual do 0,24%.
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto
a marzo de 2021, caen Pontevedra (-2,28%) e A Coruña (-1,44%) e sube Lugo
(0,24%). A taxa galega acada entón o -1,86%, inferior á de España (-0,45%). Con
respecto a febreiro de 2022, A Coruña e Pontevedra presentan un aumento do
4,34% e 1,01% respectivamente, mentres que Lugo presenta unha baixada do 0,03%.
A taxa galega amosa un incremento do 1,87% con respecto a febreiro de 2022. A
taxa nacional é do 1,51%.