Galicia:
Baixa o paro en relación co mes anterior en 2.734 persoas ( -1,78 %), quedando
situado en 150.602 persoas. É o dato máis baixo nun mes de abril de toda a
serie histórica (1996) e o menor desde o verán do ano 2008
Con respecto aos datos do paro na evolución anual, a baixada do desemprego
foi do -11,81 % (-20.176 persoas). Esta caída é tamén a maior desde 1996.
Con respecto a abril de 2021, o desemprego tamén cae nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades; e en todos os sectores económicos, liderando o descenso a industria (-15,47%), seguido da construción (-14,47%), dos servizos (-12,29%) e da agricultura e a pesca (-7,35%).
Tamén hai menos persoas en paro entre os colectivos prioritarios para a Xunta: as mulleres, menores de 30 e parados de longa duración. As mulleres e menores de 30 anos en paro acadan o menor número nun mes de abril de toda a serie histórica de datos (2006); e con respecto aos parados de longa duración, que caeron nun -22,23%, acadan a cifra máis baixa nun abril desde 2009.
Ourense:
Medra o paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 49 persoas,
un 0,28 %.
O número de parados queda en 17.358 deles 7.409 son homes e 9.949 mulleres,
16.560 son maiores de 25 anos e 798 menores.
Por sectores, 905 son da agricultura, 1.915 da industria, 1.245 da construción,
11.706 dos servizos e 1.587 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 1.763
persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do
desemprego do – 9,22 %.