martes, 17 de mayo de 2022

Reclamando a ADIF-AV a instalación dun ascensor na Estación de Alta Velocidade "Porta de Galicia" na Gudiña

 

Esta semana os deputados ourensáns do  GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez presentamos no Congreso esta pregunta ao Goberno, para obter resposta por escrito.

Di a exposición de motivos

"Foi un 27 de setembro de 2018, cando ADIF-AV

O oco do ascensor xa executado
 aprobou a licitación do contrato de construción da estación de alta velocidade da Gudiña, baixo o nome de “Porta de Galicia” e o 2 de abril de 2019 foi adxudicada á "UTE ESTACIÓN PORTA DE GALICIA” O importe contratado foi de 3.227.987,45 euros (IVE engadido). Con data 5 de abril de 2021 modificouse o citado contrato por importe de 642.334,59 € (IVE engadido) e ampliouse o prazo.

O 20 de decembro de 2021 tivo lugar a viaxe de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da súa Maxestade O Rey Felipe VI e outras relevantes autoridades do Estado.

O tren saíu de Madrid ás 9:42 da mañá, fixo en Zamora a súa primeira parada e en Galicia efectuou a segunda ás 11:35, na nova estación de alta velocidade “Porta de Galicia” do concello ourensán da Gudiña.

Alí o Rey Felipe VI baixouse do tren e descubriu unha placa dando por inaugurada a estación e a partindo daquela o tren facía o destino final, a cidade de Ourense.

A nova estación da Gudiña atópase a pouco máis de 75 quilómetros de Ourense e atende a demanda crecente de viaxeiros non só desta localidade e de toda a comarca. Tamén das veciñas comarcas de Monterrei, Valdeorras e a área do distrito de Tras-Os Montes, próxima a  Chaves e o de Vila Real, o que a converteu na parada dos destinos termais de Verín,  Chaves,  Vidago e  Pedras Salgadas.

Nos seus poucos meses de vida, hai que constatar o notable número de viaxeiros que están a utilizar esta estación de alta velocidade.

A longuísima rampla
Con carácter xeral esta terminal de viaxeiros responde as necesidades dos usuarios, pero hai algunha carencia na accesibilidade que mostramos a través desta pregunta.

As vías e plataformas da estación atópanse nun plano superior de modo que os viaxeiros que chegan á porta principal teñen dúas opcións: ou subir a pé unhas escaleiras, ou utilizar unha longuísima rampla do 6 % de pendente.

Sorprendentemente nesta estación ADIF-AV non instalou un ascensor, a pesar de que quedou construído o oco para a súa colocación, xa que figuraba no proxecto esa previsión de futuro.

Ao noso coñecemento chegaron as queixas dos usuarios e por iso consideramos que chegou xa o momento de que o titular da estación acorde a instalación dese ascensor que consideramos necesario para que os viaxeiros que vén cargados con grandes equipaxes, así como as Persoas con Movilidad Reducida (PMR) teñan un medio máis cómodo e que requira menos esforzo que a utilización da larguísima rampla hoxe existente que se fai moi  gravosa para moitas persoas.

Saída prevista na plataforna
O custo desta actuación- non superaría os 70.000 € - é moi moderado en relación co conxunto do diñeiro investido na construción e equipamento desta estación, como expuxemos anteriormente.

A accesibilidade universal é unha das liñas de actuación básicas na prestación dos servizos ferroviarios por parte de  Adif e está obrigado a facer das infraestruturas e instalacións ferroviarias un espazo cada vez de maior valor para a cidadanía, xerador de benestar, progreso e cohesión social."

E por todo o anterior preguntamos:


¿ Atendendo á demanda dos usuarios e en aras a garantir unha mellor accesibilidade universal, está disposto ADIF-AV a instalar un ascensor na Estación de Alta Velocidade "Porta de Galicia" na Gudiña ?