martes, 17 de mayo de 2022

Reclamando a ADIF-AV que de continuidade en terreos da súa propiedade á senda peonil de acceso a Estación de Alta Velocidade "Porta de Galicia" na Gudiña

 

Esta semana os deputados ourensáns do GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez presentamos no Congreso esta pregunta ao Goberno, para obter resposta por escrito.

A senda peonil construida pola Xunta
"Foi un 27 de setembro de 2018, cando ADIF-AV aprobou a licitación do contrato de construción da estación de alta velocidade da Gudiña, baixo o nome de “Porta de Galicia” e o 2 de abril de 2019 foi adxudicada á "UTE ESTACIÓN PORTA DE GALICIA” O importe contratado foi de 3.227.987,45 euros (IVE engadido). Con data 5 de abril de 2021 modificouse o citado contrato por importe de 642.334,59 € (IVE engadido) e ampliouse o prazo. 

O 20 de decembro de 2021 tivo lugar a viaxe de inauguración da liña Madrid-Ourense, que contou coa asistencia da súa Maxestade O Rey Felipe VI e outras relevantes autoridades do Estado. E ese mesmo día tivo lugar a inauguración da nova estación de alta velocidade “Porta de Galicia” no concello ourensán da Gudiña. 

A nova estación da Gudiña atópase a pouco máis de 75 quilómetros de Ourense e atende a demanda crecente de viaxeiros non só desta localidade e de toda a comarca. Tamén das veciñas comarcas de Monterrei, Valdeorras e a área do distrito de Tras-Os Montes próxima a Chaves e o de Vila Real, o que a converteu na parada dos destinos termais de Verín, Chaves, Vidago e Pedras Salgadas.

A finalización da senda peonil

Nos seus poucos meses de vida, hai que constatar o notable número de viaxeiros que están a utilizar esta estación de alta velocidade, moitos deles cidadáns do norte de Portugal e tamén peregrinos que pasa por esta localidade galega o Camiño de Santiago.

A anterior estación da Gudiña, inaugurada en 1957 coa posta en marcha do tramo Ourense – Puebla de Sanabria da liña Zamora a Ourense e Vigo e A Coruña, está situada no núcleo urbano. A nova estación de alta velocidade con todo foi construída por ADIF-AV fora do centro urbano.

Para facilitar o acceso peonil dos veciños da Gudiña á nova estación, a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia construíu unha senda peonil pola marxe esquerda da estrada OU-533, desde o punto quilométrico 0+070 ata asproximidades da estación Porta de Galicia.

Esta senda mellorou moito a accesibilidade pero resulta necesario que se acorde a súa continuidade por parte de ADIF xa dentro dos terreos internos da terminal. A Xunta e o Concello de Gudiña xa trasladaron esta cuestión a ADIF, sen obter ata o de agora unha resposta positiva.

A perigosa beiravía
O certo é que a día de hoxe, ao saír da estación, os viaxeiros que queren ir camiñando ao centro urbano deben facelo pola estrada e nalgúns puntos a beiravía é moi estreito, constituíndo un serio perigo para os que camiñan en horario nocturno.

Este problema solucionaríase se ADIF dese coninuidade por terreos da súa propiedade á senda peonil construída pola administración autonómica."


Por todo o anterior preguntamos,

¿Atendendo a demanda dos usuarios da Estación de Alta Velocidade "Porta de Galicia" na Gudiña, así como do Concello desa localidade e da Xunta de Galicia, e en aras a garantir unha mellor seguridade dos viaxeiros, está disposto ADIF-AV a dar continuidade en terreos da súa propiedade á senda peonil de acceso a esa terminal?