domingo, 1 de mayo de 2022

Rueda destaca a normalidade extraordinaria coa que o PPdeG encara o proceso de sucesión

O candidato á Presidencia do PPdeG, Alfonso Ruedadestacou a normalidade extraordinaria coa que o seu partido encara o seu proceso de sucesión, manifestando que o camiño a seguir facémolo entre todos.

Durante a Xunta Directiva do PP da provincia de Lugo, na que estivo acompañado pola presidenta provincial, Elena Candia, amosouse orgulloso de que a súa formación volvese demostrar que está á altura das circunstancias, algo que non lle sorprende porque no ADN do Partido Popular de Galicia vai súa cohesión, a súa forza, a súa responsabilidade e o seu compromiso.

 

Pola contraadmitiu que a situación dos populares si poida resultar inédita para outraorganizacións que converten a política nun continuo reality show, que viven instaladas na batalla interna e que están permanentemente elixindo líderes para ver se acertan con algún. 

 

CONTINUIDADE NON É CONTINUÍSMO


Tras poñer en valor o patrimonio de unidade, estabilidade e xestión do PPdeG, Rueda recoñeceu que o baleiro que deixa o presidente Alberto Núñez Feijóo só pode compararse co seu inmenso legadodeixando unha Galicia moito mellor do que a encontrou. 

 

Nese senso, apuntou que quere asumir a herdanza dos populares na Comunidadepero aclarou unha diferenzaSi á continuidade e non ao continuísmoDeste modo, explicou que non pensa que todo está conseguido, non se deixará levar pola inercia, nin tampouco parará de facer as cousas á súa maneira, senón que recollerá toda a experiencia e sumará todas as ideas eenerxías para facer unha Galicia aínda máis forte. 

 

NO PPdeG TODOS CONTAN


Non hai un PP de Albor, un PP de Fraga, un PP de Feijóo, nin vai haber un PP de Rueda. Hai un Partido Popular de Galicia, recalcou o candidato mentres insistía en que este é o partido que máis se parece a Galicia e por iso aquícabemos todos, contamos todos sumamos todos.

 

Igualmente, precisou que a súa formación aínda pode ser máis grandefacer máis historia e acadar algo inédito no país como a quinta maioría absoluta. Ao mesmo tempo, incidiu na importancia de non poñerse teitos para lograr unha Comunidade máis puxante na economía, con máis servizos públicos, máis conciliación e máis infraestruturas, e que aínda sexa máis referente en España pola súa estabilidade política e recoñecida por afastar políticas fracasadas e modelos que só enfrontan e dividen



O CAMIÑO A SEGUIR

Na a súa intervención, Rueda púxese á disposición dos seus compañeiros de formación para agrandar o partido cun proxecto unido e forte, motivado por chegar á meta dun camiño que quere facer en equipo e cun ritmo esixente para chegar cada vez máis lonxe, pois ese é seu estilo.

 

Ademaisasegurou que os populares teñen claro cal é o camiño que mellor lles parece aos galegos, baseado en ser un partido amplo que goberna para a maioría, que fai a política real que mellora a vida da xente e centrado nas preocupacións dos cidadáns.

 

Do mesmo xeito, afirmou saber cal é a senda a seguiraquela que os levou ao éxitoa que ten permitido derrotar á suma do nacionalismo, do socialismo e mesmo do populismo e pola que avanzan para deixar unha Comunidade conmellores servizos públicos e menos impostos; remarcando tamén cal é o destino e a prioridade dos popularesGalicia