Galicia:
Galicia pechou o mes de maio con 146.120
persoas sen emprego, a menor cifra nun mes de maio de toda a serie histórica
(1996) e tamén a máis baixa desde setembro de 2007, cando se rexistraron na
comunidade autónoma 140.960 parados. Ademais, o número de persoas sen emprego
sitúase por debaixo das 150.000 persoas por primeira vez desde 2008 (en xullo
dese ano houbo 149.318 persoas desempregadas).
Con respecto ao inicio da pandemia
(febreiro 2020), o desemprego reduciuse na comunidade galega nun -12,10% fronte
ao -9,95% do Estado. O desempregou caeu
na evolución anual e mensual e nas principais variables: en todos os sectores
de actividade (liderando o descenso a industria), nas catro provincias e nas
sete grandes cidades.
Salientar o comportamento favorable dos
colectivos con máis dificultades para atopar un emprego, como son as mulleres,
os parados de longa duración e os menores de 30 anos. As afiliacións, pola súa
banda, creceron tamén con respecto a maio de 2021 e ao mes pasado.
Máis polo miúdo, na evolución anual, con
respecto a maio de 2021, o desemprego caeu nun -11,61% (-19.186 persoas), o que
supón que Galicia leva máis dun ano consecutivo rexistrando baixadas do paro na
evolución anual. O desemprego baixou nas catro provincias e nas sete grandes
cidades e en todos os sectores económicos (a industria cun -16,01%; a
construción cun -12,84%; os servizos cun -12,05%; e a agricultura e a pesca cun
-7,67%). En canto aos colectivos prioritarios, diminuíu especialmente entre os
menores de 30 anos (-13,52%), e tamén caeu nas mulleres (-11,51%) e entre os
parados de longa duración (-22,06%).
Evolución mensual
Con respecto á evolución mensual, o paro
caeu nun -2,98% (-4.482 persoas) baixando en todas as provincias e nas sete grandes cidades. Descendeu
tamén en todos os sectores de actividade, liderando a industria a caída cun -3,33%.
O desemprego baixou tamén nos principais colectivos. O maior ritmo de descenso
rexistrouse entre os menores de 30 anos (-7,14%).
Ourense:
Baixa
o paro rexistrado en maio en relación co mes anterior en 577 persoas, un - 3,32 %, una porcentaxe
superior ao de España (-3.29 %) e ao de Galicia (-2,98 %)
O
número de parados queda en 16.781 deles 7.092 son homes e 9.689 mulleres, 16.033
son maiores de 25 anos e 748 menores.
Por
sectores, 864 son da agricultura, 1.818 da industria, 1.216 da construción, 11.309 dos
servizos e 1.574 do colectivo sen emprego anterior.
A
nivel interanual, isto é, con respecto a maio do ano pasado, 1.909 persoas
sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do
– 10,21 %.