lunes, 6 de junio de 2022

Non caben escusas: neste verán os trenes AVRIL deben prestar servizo na LAV Madrid-Galicia

 

Nestes días está a falarse con intesidade, do compromiso do Goberno central de dotar a Galicia de trens Avril de ancho variable, porque sen eles a chegada do AVE a Galicia non achegara  tempos competitivos cara a Madrid desde as principais cidades galegas: Dúas horas e 15 minutos son os tempos acordados desde Ourense; preto de tres horas desde Santiago; e A Coruña e Vigo sobre tres horas e 15 minutos.

O suministro por parte de Talgo a Renfe destes vehículos ven sendo unha preocupación constante deste deputado acreditado polo control parlamentario realizado, do que teño dado conta neste blog en varias ocasións.

 Vexamos:

O 16 de outubro de 2018, os deputados galegos do PP no Congreso formulamos  ao Goberno esta pregunta: "Non mes de  novembro de 2016 ou Ministerio de Fomento,  informou sobre a  adxudicación a Talgo dá fabricación de 15  trens Avril e ou  seu  mantemento durante 30 anos por un total de 768,5  millóns de euros. A resolución  do concurso contempla,  ademais, a opción dá fabricación  doutros 15  trens AVE  adicionais e a prolongación  do período de  mantemento durante  outros 10 anos  máis: ¿En que estado  atópase a  execución  deste contrato e  cando entregásense  as  primeiras unidades?” 

30 de novembro de 2018, respondeu o Goberno: En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto está en fase de construción e a entrega dos primeiros vehículos prevese en xuño de 2020”

O 12 de decembro de 2019 os deputados ourensáns do  GPP, Celso Delgado e Ana Vázquez formularon esta pregunta:

¿Cales son as datas previstas de entrega por Talgo a RENFE dos futuros trens   AVRIL e para a súa entrada en servizo na liña Madrid-Galicia, que é tan necesaria para mellorar os tempos de viaxe?

Con data 3 de febreiro de 2020 o Goberno respondeu:

En relación coas preguntas de referencia, infórmase que a recepción dos primeiros trens da serie 106 de Talgo está prevista a principios do ano 2021”

23 de febreiro de 2021 os mesmos deputados ourensáns do  GPP,  formularon esta pregunta:

"¿En que data do primeiro semestre de 2021 estima RENFE que recibirá os primeiros trens da serie 106 de Talgo?”

5 de abril de 2021, o Goberno respondeu: “En relación co asunto interesado, sinálase que tal e como xa se informou anteriormente, a declaración do estado de alarma obrigou ao provedor para atrasar os prazos de entrega dos trens S/106, aínda que a súa entrega segue estando prevista en 2021.

O pasado 3 de febreiro de 2022, informaba Talgo na súa web que "a primeira unidade do tren de moi alta velocidade Talgo Avril comezara os seus primeiros ensaios en vía, un paso decisivo na validación técnica, previa posta en servizo por parte de Renfe".

Dicía entón que “esta é a fase final no proceso de fabricación de 30 unidades do Talgo Avril con capacidade de ata 581 prazas."

E engadía que “os ensaios están destinados a comprobar o comportamento dinámico de todos os elementos do tren e en particular dos sistemas de rodadura, en condicións de operación progresivamente máis complexas e ata chegar á velocidade necesaria para homologalo técnicamente a máis de 360 km/ h. A súa velocidade máxima en operación comercial será de 330 km/ h.

Está previsto que as probas de homologación realícense durante varias semanas na liña de alta velocidade Madrid-Galicia, aínda que poderían estenderse posteriormente a outros lugares da rede ferroviaria en España”

26 de xaneiro de 2021 os deputados ourensáns dantes citados formularon esta pregunta:¿Cal é a data prevista para que as unidades de trens Avril poidan circular pola liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia?

O 2 demarzo de 2022 o Goberno respondíanos: "Infórmase que os trens xa están en probas e mesmo están dispoñibles para as probas de homologación en Francia en canto as autoridades francesas faciliten a posibilidade. Nas recentes comparecencias públicas da Ministra de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, por exemplo, na súa recente viaxe a Galicia, tanto a Ministra como o Presidente da Xunta deixaron claro que, se a empresa fabricante cumpre, os trens estarán en servizo no verán."

O verán comeza o 21 de xuño e finaliza o 23 de setembro e polo tato é neste perído de tempo no que o Goberno debe cumprir o seu compromiso de adicar os primeros trenes Avril ao servizo da LAV Madrid-Galicia. 

Non caben escusas.