viernes, 10 de junio de 2022

Demandamos ao MITMA información sobre as causas do colapso dun viaduto na autovía A-6


Os deputados ourensáns, lucenses e leoneses do Grupo Parlamentario Popular CELSO DELGADO ARCE, ANA BELÉN VÁZQUEZ BLANCO, JAIME DE OLANO VELA,  JOAQUIN GARCÍA DÍEZ e CARMEN GONZALEZ GUINDA rexistramos hoxe no Congreso dos Deputados unha serie de iniciativas relacionadas co colapso do viaduto de O Castro na autovía A-6.

En concreto:

Solicitamos a comparecencia en Comisión da MINISTRA DE TRANSPORTES, MOVILIDADE E AXENDA URBANA e da SECRETARIA DE ESTADO DE TRANSPORTES, MOVILIDADE E AXENDA URBANA para “Informar sobre as causas do colapso do viaduto de “O Castro” na autovía do Noroeste A-6 e as medidas que se adoptarán para a súa reparación, así como as previsións de restablecemento desta vía de comunicación  esencial para Galicia e Castela León.”

E dúas preguntas escritas con esta exposición de motivos:

“O pasado martes 7 de xuño de 2022 por causas neste momento descoñecidas, produciuse un derrube dun tramo do viaduto de O Castro da autovía  do Noroeste A-6, que conecta o municipio de Vega de  Valcarce co lucense de Pedrafita do Cebreiro.

Afortunadamente este colapso non causou danos persoais, porque a estrada estaba pechada ao tráfico desde facía un ano, xa que estaban en curso obras de rehabilitación do viaduto en sentido A Coruña.

Pero xa desde a madrugada do mércores, ambos os sentidos da A-6 foron cortados entre os puntos quilométricos 432 e 422, pechando tamén o viaduto que soporta os carrís que van en dirección Madrid para comprobar que non hai danos estruturais. 

En consecuencia a comunicación entre Galicia e Castela e León deberá facerse temporalmente pola estrada N-VI, tanto cara á Coruña como cara a Madrid, durante nove quilómetros no paso por Pedrafita.

A interrupción da circulación pola autovía constitúe  un enorme problema para os máis de dez mil vehículos que diariamente se moven por esta importante arteria. Afecta de modo moi relevante aos tráficos portuarios e  aos das industrias e empresas de distribución. De modo aínda máis importante aos transportes especiais.

Existe enorme preocupación no  MITMA, nas Comunidades Autónomas de Galicia e Castela-León, nos municipios afectados e na sociedade en xeral por coñecer as causas do colapso e as actuacións que se realizarán para a reparación, para o restablecemento do tráfico e tamén para garantir a seguridade do resto dos viadutos desta autovía.

Por todo o anterior e cun ánimo construtivo preguntamos,

¿Que, actuacións realizou e realizará o  MITMA en orde a investigar as causas do derrube dun tramo do viaduto de O Castro da autovía  do Noroeste A-6”

¿Que, previsións ten o  MITMA en orde a  reestablecer o tráfico en condicións seguras polo viaduto paralelo ao esborrallado na autovía  do Noroeste A-6?

https://www.elprogreso.es/articulo/a-montana/pp-pide-que-comparezca-ministra-transportes-informar-derrumbe-viaducto-6/202206131458411583502.html

https://www.diariodeleon.es/articulo/bierzo/pp-reclama-comparecencia-ministra-denuncia-falta-informacion/202206140133492230614.html