sábado, 18 de junio de 2022

Os deputados populares galegos urxen ao Goberno convocar unha Conferencia Sectorial para debater sobre o “nefasto e inaceptable” novo mapa concesional de liñas de autobús


Hoxe o Partido Popular de Galicia  dfunde unha nota de prensa que dí: 

“Os deputados no Congreso Celso Delgado, Ana Vázquez, Ana Pastor, Diego Gago, Javier Bas, Juan Constenla, Jaime de Olano, Joaquín García, Marta González, Tristana Moraleja e María Valentina Martínez preguntaron ao Ministerio de Transportes se rectificará e retirará o seu novo mapa concesional das liñas de autobús estatais, así como se convocará de forma urxente unha Conferencia Sectorial para debater coas Comunidades sobre o malestar provocado con esta proposta do Goberno de Pedro Sánchez.

Os parlamentarios, que presentaron estas dúas cuestións ao Executivo central e das que desexan obter resposta por escrito, cualifican este novo mapa concesional como “nefasto e inaceptable”. Como indican, “maltrata” a nosa Comunidade e deixa a máis de 136.000 cidadáns sen parada, elimina 76 servizos interiores, obriga a moitos galegos a facer transbordos e afecta a máis de mil tráficos de longo percorrido.

Galicia xa trasladou ao Ministerio que a proposta presentada polo Goberno é “un auténtico despropósito” que profunda no abandono do rural e que, baixo a escusa de que só prestan servizos de carácter interautonómico, suprime tráficos dentro da propia Autonomía que si se prestan na actualidade.

Este recorte drástico afectaría en Galicia a 23 municipios: Allariz, Ribadavia, A Rúa, Riós, Trasmiras e A Mezquita en Ourense; A Pontenova, As Nogais, Baralla, Chantada, Meira, Monterroso, Guitiriz, O Corgo, Pedrafita, Palas de Rei e Quiroga en Lugo; Forcarei, Lalín, Tui, Silleda e O Porriño en Pontevedra; e Melide e Arzúa na Coruña.Cómpre sinalar que ao agravio que provoca a Galicia este mapa concesional hai que sumar tamén o anteproxecto de Lei de mobilidade sustentable que impulsa o Goberno de Pedro Sánchez, un texto que utiliza criterios exclusivamente económicos á hora de establecer as obrigas de servizo público da media distancia ferroviaria e que prima a planificación urbana e metropolitana, e a rendibilidade económica da mobilidade. De novo, unha decisión que condena ao rural a unha perda radical de servizos e de conexión en transporte público.”