sábado, 11 de junio de 2022

Un libro moi recomendable: “Querido Paco Barxas”. Cartas de Artur Cruzeiro Seixas (1999-2020)

 

Visito a Feira do Libro de Ourense, que  celébrase desde o día o mércores ata hoxe na rúa do Paseo con postos de venda de exemplares xestionados polos libreiros, que se completa cunha extensa programación de actividades paralelas, como charlas, encontros con autores, espectáculos infantís, presentacións de libros etc., que fan deste evento unha cita de alto interese cultural. 

E na librería Pedreira merco o libro Querido Paco Barxas”, que recolle reúne unha selección de 80 cartas de entre 1999 e 2020 - moitas delas ilustradas polo autor das misivas-  nas que o artista e poeta surrealista portugués Artur Cruzeiro Seixas comunícase co escritor e periodista ourensán Paco López-Barxas.

Un libro que remata cunha carta de despedida de López-Barxas, escrita o mesmo día da morte de Cruzeiro Seixas, cando estaba a piques de cumplir os 100 anos, o 8 de novembro de 2020.

Nela lembra moitos dos momentos compartidos con Seixas, xa fora fronte o mar de Cascais ou arredor dos cafés do Chiado.

O libro conta cun estudio introdutorio do crítico de arte X. Antón Castro, publicada por Medulia Editorial en colaboración coa Xunta de Galicia.

Un libro moi recomendable, que Paco, un bo amigo, tivo hoxe a amabilidade de dedicarme.