martes, 19 de julio de 2022

Manuel Cabezas na Ponte: “Co voso apoio, o 23 de xullo abriremos un novo ciclo que impulsará un proxecto de cidade ilusionante para a maioría de ourensáns”


Asisto onte na asociación de veciños da Ponte ao acto da campaña electoral interna que desembocará o próximo 23 de xullo no congreso local extraordinario do PP de Ourense, no que o único candidato
Manuel Cabezas dirixiuse aos afiliados e simpatizantes.

Un campaña interna na que explicou o porqué da súa decisión de postularse para volver tomar as rendas do partido: “Dou este paso apoiado pola militancia, os presidentes de distrito, os simpatizantes e por tantos veciños que me piden pola rúa que recuperemos a liña de xestión que desenvolvemos en Ourense entre 1995 e 2007”. O candidato remarcou esta tarde na Ponte a necesidade de impulsar o PP da cidade e debuxou unha nova etapa -“co voso apoio, o 23 de xullo abriremos un novo ciclo no partido”- para partir do próximo congreso local extraordinario: “Este será o primeiro paso para crear, entre todos, un proxecto de cidade ilusionante para a gran maioría de ourensáns.

Porque Ourense ten a capacidade, os argumentos e o talento para volver á senda de progreso que o PP debuxou durante eses doce excelente anos de traballo colectivo e política útil, ao servizo de todos os veciños”.