lunes, 18 de julio de 2022

Máxima preocupación pola vaga de incendios forestais

 

Estamos moi preocupados pola alarmante situación que estamos vivindo nas provincias de Ourense e Lugo, por mor dos lumes rexistrados entre o xoves e o venres da semana pasada e que foron producidos na maioría por raios, dadas as treboadas que houbo na nosa comunidade.

As imaxes de onte do incendio de Carballeda de Valdeorras reactivado por mor dun cambio de ventoeran terriblesEste incendio forestal orixinouse o xoves pasado e afecta unha superficie estimada de 2.400 hectáreas. No seu control levan participado en total 7 técnicos, 28 axentes, 63 brigadas, 32 motobombas, 3 pas, 8 avións e 7 helicópteros. Neste lume participa a Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Tamén preocupa e moito o incendio de Folgoso do Courelparroquia de Vilamor, que rolda as 2.500 hectáreas segundo as últimas estimacións. Este incendio permanece activo desde o xoves pasado. No seu control traballaron ata o momento 2 técnicos, 27 axentes, 40 brigadas, 25 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 7 avións e 9 helicópteros. Neste lume tamén despregou efectivos a Unidade Militar de Emerxencias (UME), que despregou efectivos na zona.

Tamén  salientar o incendio no concello ourensán de Oímbra, que entrou desde Portugal pola parroquia de Videferre, ás 15,57 h. de onte, e afecta unhas 350 ha provisionais.  E o de Vilariño de Consoparroquia de Pradoalbar. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 800 hectáreas provisionais dentro do parque natural do Invernadeiro. No seu control traballaron ata o de agora 2 técnicos, 12 axentes, 37 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 4 avións e 8 helicópteros.

Salientar que a Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais pode ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.