TRAMO TÚNEL DE RANTE-CONEXIÓN SEIXALBO (2,26 km)
Este tramo discorre polos termos municipais de San Cibrao das Viñas e Ourense e soluciona o paso da Liña de Alta Velocidade Madrid-Galicia pola zona periurbana da poboación de Seixalbo, aproveitando para iso o actual corredor ferroviario da liña Zamora-Ourense, dispoñendo a nova plataforma en paralelo á existente, na medida do posible, co fin de minimizar as necesidades de ocupación e a afección á contorna.
Xusto ao comezo do tramo executarase un viaduto de 356 m de lonxitude para salvar o cruzamento coa estrada N-525 e o río Barbaña.
A nova plataforma discorre por encima do túnel de Aspera (153,9 m de lonxitude), da liña convencional Zamora-Ourense.
Para evitar afeccións efectuarase unha solución de reforzo por encima do devandito túnel sen afectar á súa sección.
O contrato comprende a execución das obras de plataforma (infraestrutura) do tramo, incluída a capa inferior de balasto, sendo obxecto doutros contratos posteriores a superestrutura (vía) e o resto das instalacións ferroviarias (electrificación, sinalización, comunicacións, etcétera).