Para o conxunto estatal a cifra de afiliacións sitúase
en 20.348.330, rexistrando un aumento de de 115.607 personas, o 0,57% con respecto ao pasado mes de maio.
Na comparativa interanual (xuño de 2022 con xuño de
2021) obsérvase un aumento de 26.803 afiliacións no total do sistema en Galicia
(2,62%) e un aumento do 4,35% (848.053 afiliacións) no conxunto estatal.
Por comunidades autónomas e con respecto ao mes de maio
de 2022, rexístrase unha subida das afiliacións en quince comunidades
autónomas, destacando Illes Balears (4,58%). En canto ás taxas con respecto ao
mesmo mes do ano anterior, rexístranse taxas positivas en todas as comunidades
autónomas. Os aumentos máis acusados prodúcense en Illes Balears, Canarias e
Comunitat Valenciana con taxas superiores ao 5,00%.
Datos de
afiliacións por provincias
O número medio de afiliacións á Seguridade Social
aumentou con respecto ao mesmo mes do ano pasado en todas as provincias
galegas. A Coruña é a provincia que presenta a maior subida nas afiliacións
cunha taxa de variación interanual do 3,33%, o que supón 14.566 afiliacións
máis, seguida de Pontevedra (2,28%), Ourense (1,85%) e, por último, Lugo
(1,76%).
No que respecta ás afiliacións medias deste mes de xuño
con respecto ás do mes de maio, rexistrouse en Galicia un incremento do 0,75%.
Pontevedra presenta o maior incremento cunha taxa de variación intermensual do
1,11%, seguida de Ourense (0,70%), Lugo (0,68%) e A Coruña (0,48%).
Información segundo
réxime de afiliación
As afiliacións ao réxime xeral, que representan o
78,25% das afiliacións galegas en xuño de 2022, aumentaron un 0,92% con
respecto ao mes anterior. Na comparativa interanual obsérvase un aumento do
3,52%. En España estas taxas foron do 0,63% con respecto a maio de 2022 e do
5,06% en relación ao mes de xuño de 2021. Por provincias, Lugo é a que presenta
unha porcentaxe menor de afiliacións ao réxime xeral (72,64%).
Nas afiliacións ao réxime especial de autónomos, as
catro provincias galegas amosan unha taxa de variación interanual negativa;
Lugo (-1,54%), Ourense (-0,73%), A Coruña (-0,13%) e Pontevedra (-0,05%). A
media da comunidade galega sitúase entón no -0,39%. Para este réxime e con
respecto ao mes de maio de 2022, soben Pontevedra (0,31%), A Coruña (0,08%) e
Ourense (0,01%) mentres que baixa Lugo, resultando para o conxunto de Galicia
unha taxa intermensual do 0,13%. As taxas nacionais para este réxime presentan
unha subida interanual do 0,91% e intermensual do 0,24%.
No que respecta ao réxime especial do mar, con respecto
a xuño de 2021, caen Lugo (-2,45%), Pontevedra (-1,91%) e A Coruña (-0,42%). A
taxa galega acada entón o -1,54%, inferior á de España (2,56%). Con respecto a
maio de 2022, Lugo e A Coruña presentan un aumento do 1,83% e do 0,26%
respectivamente, mentres que Pontevedra presenta unha baixada do 0,13%. A taxa
galega amosa un incremento do 0,12% con respecto a maio de 2022. A taxa
nacional é do 2,95%.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado mes de xuñoen 104.373 ocupados, cifra que supuxo
un aumento de 726 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (0,70 %).
En términos anuais, a afiliación no
total do Sistema rexistrou nesta provincia un aumento de 1.897 ocupados (1,85
%).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou
xuño con 81.245 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.128 afiliados
medios.