viernes, 22 de julio de 2022

En Mondoñedo o PPdeG reivindica o “galeguismo integrador”

O PPdeG reivindicou o “galeguismo integrador” dun partido que “pon o ben común e a vocación de servizo público por diante de protagonismos, egolatrías ou liortas internas propias”, como demostraron os populares recentemente “culminando un importante e impecable proceso de reestruturación áxil e ordenado”.

 

Así queda expresado no Manifesto da formación co gallo do Día de Galiciacuxa lectura correu a cargo da presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e que tivo lugar nun acto conmemorativo que os populares celebraron en Mondoñedo, e no que participei. A este evento, no que se puxo en valor a figura e o legado do escritor Álvaro Cunqueiro, asistiron tamén o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a secretaria xeralPaula Prado.

 

Tralas intervencións do alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero, e do director da Casa Museo de Álvaro Cunqueiro, Armando Requeixo, a xornada tamén contou coa participación da directora e dalgúns alumnos do CEIP Plurilingüe Álvaro Cunqueiro, que leronfragmentos da obra do autor que lle dá nome a ese centro de estudos.

 

UN SÓ OBXECTIVO: GALICIA


A través do seu Manifesto, os populares definen a súa organización como un “partido centrado, ordenado, reformista e galeguista, que tivo e ten a responsabilidade de gobernar a construción da Galicia moderna que hoxe coñecemos, coa vocación de seguir situando a nosa terra cada vez con máis peso, importancia e presencia no mapa de España, Europa e o mundo.

 

“O noso obxectivo é só un: Galicia”, recolle o texto do PPdeG, que se reafirma no galeguismo integrador entendido desde a familia común dun partido nacional con vocación de Goberno en España que ao mesmo é o que máis se parece a Galicia”.

 

FONDO GALEGUISMO DE CUNQUEIRO


A formación tamén resaltou o “fondo galeguismo” que impregnaba as mensaxes universais de Álvaro Cunqueiro, cuxa obra “transcendeu á súa inmensa personalidade”. 

Ao igual que os populares, o autor mindoniense nunca someteu o seu ideario galeguista ás ideoloxías moitas veces contraditorias e sempre conflitivas da esquerda nin ás case sempre supremacistas dos distintos nacionalismossendo coherente cun pensamento de centro dereita”.