viernes, 8 de julio de 2022

Formalizado o contrato para a mellora do saneamento de augas residuais en Velle


29 de xaneiro de 2016, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) asinaba o Protocolo de colaboración co Concello de Ourense para o financiamento e execución das obras de 'Mellora do saneamento e depuración de augas residuais na parroquia de Velle (Ourense)", compromiso que posibilitaría a realización das actuacións. Este documento foi  asinado polo daquela presidente da CHMS, Francisco Marín e por Jesús Vázquez, alcalde de Ourense nesa data.

O obxectivo deste traballo era obter a mellor solución ao problema do saneamento existente na zona, concretamenteexpoñíanse dúas alternativas a estudo, por unha banda, a incorporación das augas residuais do núcleo de Velle ao saneamento xeral e, por outra, a execución dunha infraestrutura de depuración de augas residuais que cubrira as necesidades concretas da zona.

14 de abril de 2016 a CHMS, daba conta de que licitou por 82.975 euros o contrato de redacción do proxecto construtivo para a mellora do saneamento de Velle, en Ourense, O prazo máximo de redacción do proxecto estímabase en 7 meses.

O 14 de outubro de 2017 publicábase no BOE o Anuncio da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil polo que se somete a información pública o proxecto construtivo.

O 8 de febreiro de 2022 - case seis anos despois da sinatura do Protocolo citado- o actual presidente da CHMS José Antonio Quiroga, e Armando Ojea, teniente de alcalde do Concello de Ourense, rubricaban o Convenio de colaboración para o financiamento, execución e posterior entrega das obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais en  Velle.

Un proxecto, que suporía un investimento de máis de 3.000.000 €, que será sufragado ao 50% entre ambas as administracións

Dicían nesa data que o proxecto estaba redactado e contaba con informe ambiental e de patrimonio cultural favorables, e todo preparado para o inicio do procedemento expropiatorio.

O 25 de marzo de 2022 a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil  licitou en 2.699.580 euros as obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais do núcleo de Velle, T.M. de Ourense. A súa duración revista, esde 18 meses.

E esta semana, no BOE do 4 de xullo, publicábase o anuncio de formalización do contratos de obras do citado proxecto construtivo. Foi adxudicado o  10 de xuño de 2022 á empresa construtora EXTRACO S.A. por un importe de: 2.104.780,00 euros

Agardo que pronto comecen as obras desta actuación que é moi necesaria, como se dicía xa en 2016, para mellorar o saneamento da parroquia ourensá de Velle e dar protección o río Miño.