lunes, 4 de julio de 2022

En Xuño, o paro rexistrado baixa en Galicia (-3,55 % ) e Ourense (-2,36 %)


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xuño de 2022.

Galicia:

Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de xuño en relación co mes anterior en 5.188  persoas, un  - 3,55 %, una porcentaxe superior ao de España (-1,45 %)

O número de parados queda en 140.932, a terceira cifra máis baixa de toda a serie histórica de datos (1996). Deles  58.601 son homes e 82.331 mulleres, 135.282 son maiores de 25 anos e 5.650 menores.

Por sectores, 5.069 son da agricultura, 15.138 da industria, 110.150 da construción, 98.786  dos servizos e 11.789 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 16.786 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 10,64 %, o terceiro maior descenso porcentual nun xuño desde 1996.

O paro descendeu na evolución anual e mensual nas principais variables: en todos os sectores de actividade, nas catro provincias e nas sete grandes cidades. Tamén houbo un comportamento favorable dos colectivos con máis dificultades para atopar un emprego. 

En canto aos sectores de actividade, debemos valorar a caída do desemprego na industria (-17,17%), que lidera a caída do paro nos sectores económicos por terceiro mes consecutivo na evolución anual.

Por colectivos prioritarios, o desemprego diminúe en todos eles, con especial fincapé nos parados de longa duración (-21,55%). Tamén cae a cifra de persoas sen emprego entre os menores de 30 anos (-11,97%), as mulleres (-10,34%) e maiores de 44 (-7,29%).

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 396  persoas, un  - 2,36 %, una porcentaxe superior ao de España (-1,45 %)

O número de parados queda en 16.385 deles 6.816 son homes e 9.569 mulleres, 16.547 son maiores de 25 anos e 738 menores.

Por sectores, 846 son da agricultura, 1.773 da industria, 1.187 da construción, 11.004  dos servizos e 1.575 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 1.815 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 9,97 %.