lunes, 11 de julio de 2022

Lembrando o anterior debate sobre o estado da nación, con Mariano Rajoy de presidente no ano 2015



Sete anos despois, o último celebrouse o 24 de febreiro de 2015, o Congreso dos Deputados prepárase para comezar mañá o debate sobre o estado da nación.

Pedro Sánchez subirá ao fio do mediodía á tribuna, unha imaxe que tráeme o recordo da presenza nela do anterior presidente do Goberno, Mariano Rajoy.

Eu, seguía ese día a súa intervención desde un escano do hemiciclo como acredita esta fotografía na que se ve tamén a un moi novo deputado Pablo Casado.

Unha das mensaxes máis destacadas de Rajoy foi trazar como próximo obxectivo "alcanzable, se non cometemos torpezas", o de crear "tres millóns de empregos netos".

Asegurou entón, que “non solicitar o rescate foia gran medida de política social desta lexislatura e anunciou medidas para impulsar a Axenda Social do Executivo e consolidar o crecemento económico ao 3%, o investimento en bens de equipo incrementarase por enriba do 7%, a balanza de pagamentos por conta corrente rexistrará superávit e a capacidade de financiamento da economía española ao resto do mundo superará o 1% do PIB.”

Anunciou unha rebaixa das cotizacións á Seguridade Social para os novos contratos indefinidos, que se beneficiarán dun mínimo exento de cotización de 500 euros. Falou de medidas para os traballadores autónomos “·terán unha bonificación, durante un ano, do 100% da cotización á Seguridade Social cando necesiten reducir a súa xornada laboral polo coidado de fillos menores de sete anos ou de persoas maiores en situación de dependencia.”

Mariano Rajoy, nese debate, aludiu especialmente ás clases medias, por "o seu esforzo e a súa solidariedade durante estes anos de crise. España débelles moito e agora chega o momento de empezar a aliviar a súa situación".

Daquela engadiu o presidente Rajoy: “tres anos despois, España é unha nación que saíu do pesadelo, rescatouse a si mesma, recuperou a confianza económica, goza de prestixio, volve ser atractiva para os investidores, reordenou o seu funcionamento, ve crecer o consumo". É dicir, "España pasou de ser un país ao bordo da quebra a converterse no exemplo de recuperación". 


Como se fora premonitorio do que acontece hoxe, Rajoy advirtiu que "todo o que gañamos en tres anos se pode perder nuns poucos meses".

A maior anomalía do debate de mañá é que sexa a primeira vez que Sánchez celébrao cando leva máis de catro anos como Presidente.

O que cabe esperar do mesmo é ver:

- Por unha banda, ver a un Presidente Goberno esgotado, con menos apoio que nunca e sen iniciativa para facer fronte á importante crise que vive España. - E en fronte, a un Partido Popular que seguirá exercendo de alternativa construtiva, seguirá levando propostas e que seguirá ofrecendo un Plan para mellorar a situación do noso País.

Gustaríanos atoparnos a un Goberno que cambie de actitude e déixese axudar, pero non somos moi optimistas a este respecto.