Asisto este domingo aos actos programados con motivo da XXXI edición da Festa da Vendima, que se celebra esta fin de semana en Leiro.
As actividades incluíron a recepción dos acios a concurso e a súa posterior exposición, seguido do pregón na praza do Cruceiro a cargo do conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional y Universidades, Román Rodríguez, e a continuación o desfile de carrozas e charangas e a IV edición da Concentración de Coches Clásicos.
Tralo xantar popular celebrouse o acto de entrega de premios aos gañadores dos concursos de Acios e Carrozas, continuando a xornada festiva con actividades infantís, o mercado artesanal, deportes e música.
Grazas o alcalde Francisco José Fernández quen definiu a Festa da Vendima de Leiro como "un gran escaparate dos nosos mellores produtos"