A Coupe de la Jeunesse chega ao Parque Náutico de Galicia trala celebración da última edición en Austria. Trátase dunha prestixiosa proba internacional de remo para deportistas de entre 16 e 18 anos, nas modalidades feminina e masculina, en representación de 16 países. A copa, que ten categoría de Campionato de Europa, celebrarase en 2023 na capital de Holanda, Amsterdam.
Un acto no que estivo o alcalde de Castrelo de Miño, Avelino Pazos, o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación de Ourense, Cesar Fernández, a presidenta da Federación Española de Remo, Asunción Loriente; o presidente da Coupe, Gary Harris, a presidenta do Club Náutico de Castrelo de Miño, Beatriz Alberte; o director operativo da proba, José Manuel Rodríguez; e o director xeral de Caldaria, Javier Soto, ademáis de Javier Casares, presidente de Denominación de Orixe Ribeiro.
Hay que destacar o esforzo económico realizado pola Deputación que preside Manuel Baltar cun investimento de medio millón de euros para habilitar as infraestruturas necesarias, supervisadas por todos os órganos federativos. A aposta feita polo deporte do remo e do turismo deportivo e encomiable.
Salientar a extraordinaria lámina de auga da pista internacional olímpica de piragüismo e remo en Castrelo de Miño.
Seguro que esta copa será o inicio dunha longa serie de campionatos internacionais de remo nesta sede do Ribeiro.
Parabéns aos organizadores e colaboradores.