O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2022.
Galicia:
Baixa o paro rexistrado en Galicia no mes de xullo en relación co mes anterior en 1.082 persoas, un - 0,77 %.
O número de parados en xullo queda en 139.850 a cifra de paro máis baixa de toda a serie histórica . Deles 57.621 son homes e 82.229 mulleres, 134.779 son maiores de 25 anos e 5.071 menores.
Por sectores, 4.864 son da agricultura, 14.743 da
industria, 9.878 da construción, 99.066 dos servizos e 11.299 do
colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 12.084 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 7,95. Descendeu nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos, liderando a baixada a industria cun -15,96%.
Por colectivos, o desemprego diminúe nos que son considerados prioritarios nas políticas activas de emprego da Xunta, especialmente entre os parados de longa duración (-19,88%) e tamén entre os menores de 30 anos (-10,14%), entre as mulleres (-7,84%) e maiores de 44 anos (-4,96%). Entre as mulleres menores de 30 anos, ademais, o paro cae máis do dobre que entre os homes.
Ourense:
Medra o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en 179 persoas, un 1,09 %, una porcentaxe superior ao de España (0,11 %)
O número de parados queda en 16.564 deles 6.813 son
homes e 9.751 mulleres, 15.891 son maiores de 25 anos e 673 menores.
Por sectores, 811 son da agricultura, 1.766 da industria,
1.171 da construción, 11.278 dos servizos e 1.538 do colectivo sen
emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do
ano pasado, 761 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso
do desemprego do – 4,39 %.