viernes, 2 de septiembre de 2022

En agosto medra o paro rexistrado en Galicia en Ourense, aínda que é a cifra máis baixa dos últimos 15 anos

 


O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2022.

Galicia


Medra o paro rexistrado en Galicia no mes de agosto en relación co mes anterior en 2.062 persoas, un  1,47 %. 

O número de parados en agosto queda en 141.912, a cifra máis baixa dos últimos 15 anos e a segunda menor de toda a serie histórica (1996) nun mes de agosto.

Deles  58.113 son homes e 83.799 mulleres, 136.420 son maiores de 25 anos e 5.492 menores.

Por sectores, 4.761 son da agricultura, 14.957 da industria, 9.919 da construción, 100.747 dos servizos e 11.528 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 9.352 persoas sairon en Galicia das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 6,18 %. Descendeu nas principais variables: nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos.

Por colectivos, o desemprego diminúe naquels con máis dificultades para atopar un emprego: menores de 30 anos (-7%) e mulleres (-6,1%). 

Ourense:

Medra o paro rexistrado en agosto en relación co mes anterior en 199 persoas, un  1,20%, una porcentaxe inferior ao de España (1,40 %)

O número de parados queda en 16.763 deles 6.844 son homes e 9.919 mulleres, 16.083 son maiores de 25 anos e 680 menores.

Por sectores,779 son da agricultura, 1.787 da industria, 1.165 da construción, 11.508  dos servizos e 1.524 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a agosto do ano pasado, 650 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 3,73 %.