domingo, 4 de septiembre de 2022

En “Alimagro”, a Feira do Agro da Limia, coa pataca como produto estrela

Visito esta mañá de domingo “Alimagro”, a Feira do Agro da Limia. na terceira edición, e que foi inaugurada o venres. Ocupa o pavillón municipal dos deportes e os seus exteriores coa maquinaria agrícola.

Ao chegar pueden ver no recinto ferial, “A Xugada Das Vacas do Angel de Morgade”, a parella de animáis xunguidos baixo o mesmo xugo de máis sona da Limia.


Tiven oportunidade de falar con boa parte dos expositores acompañado polo concelleiro  popular e amigo Antonio Fernández Veiga e polo dinámico empresário José Estévez.


Saudei ao Servando Álvarez director do Centro de Desenvolvemento Agrogandeiro dependente do INORDE, acreditado polo ENAC que da un extraordinario apoio aos agricultores e cultivos da Limia, asesorando, e cun laboratorio que reaiza análises de solo, de determinación de nematodos en parcelas destinadas ao cultivo da pataca, etc.

 

Tamén puiden falar com vários concelleiros, entre eles Amador Díaz produtor de Patacas Ama, precursor do exitoso servizo de venta on-line. Visitei os stands de duas empresas produtoras de patacas fritas que gozan de gran éxito no mercado: "Guays" e "Jaly´s",  e o da gran empresa COREN. Asemade estiven no standard de Postoiro, unha cooperativa de horta que trouxo á feira de ALiMAGRO cebola, cabaza e repolo.

E falei con Maria Teresa, representante de ADEGAL, a Asociación de Empresarios, de Gandeiros e de Agricultores da Limia e co presidente da Asociación de Empresarios. E saudéi a Luis Veloso, que dirixe o dixital "Dende a Limia" e que anos antes foi un moi eficaz organizador de feiras promocionais da pataca e das realidades da comarca.


Celebro ter acudido un anomáis para así coñecer mellor os avances e as necesidades deste sector da pataca tan importante nesta comarca, e falar de temas tan relevantes como os ansiados investimentos en regadíos, a comercialización, a innovación, etc.


Lembremos que a Limia é a rexión extensiva máis importante de Galicia, con centos de familias que viven da agricultura. Destacando a pataca que é  un produto coñecido e recoñecido dentro e fóra de Galicia e que conta co recoñecemento da Indicación Xeográfica Protexida desde 1996, tendo na actualidade unha produción comercializada de máis de 6 millóns de quilos, cun valor económico estimado de 3,1 millóns de euros.


Parabéns aos organizadores 







https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/alimagro-pechou-portas-ata-proxima-edicion/20220904224542030953.html