viernes, 28 de octubre de 2022

En Vinhais, na festa da castaña e falando coas autoridades da necsidade dunha nova conexión viaria ata A Gudiña



Viaxei hoxe acompañando ao alcalde de A Gudiña, José Lago e do ex alcalde Ríos, Francisco Armando Veiga, ata a localidade lusa de Vinhais, para asistir á Ceremónia de Inauguración Oficial da "XVII - RuralCastanea – Festa da Castanha", e que foi presidida pola Ministra da Agricultura e da Alimentação , Maria do Céu Antunes.

A castaña é a raiña em Vinhais. Este froito, asume um papel moi relevante na economia do concello, proxectando o seu nome a unha dimensión nacional e ata internacional.


O concello de Vinhais é o maior produtor nacional de castaña, producindo unha media anual de 15 mil toneladas, movendo cerca de 15 millóns de euros. 

Nesta localidade puiden coñecer es saudar  a citada ministra, ao presidente da Câmara de Vinhais, Luís Fernandes, ao presidente da Câmara de Macedo de Cavaleiros, Benjamim Nascimento Pereira Rodrigues e aos deputados da Assembleia da República polo distrito de Bragança, João Sobrinho Teixeira e Berta Nunes.

Con todos eles falamos da oportunidade de impulsar unha nova conexión destas localidades a través dunha vía entre o norte de Portugal e a estación de AVE da Gudiña


Lembrar que Xunta, a Deputación Provincial de Ourense e os municipios da raia impulsaron unha declaración institucional para demandar o impulso, por parte dos Gobernos de España e de Portugal, dunha nova conexión a través dunha vía entre a localidade lusa de Macedo de Cavaleiros e Vinhais coa A-52 e a estación do AVE na Gudiña.


Para que chegue a ser unha realidade no fututo sería necesario a promoción de actuacións equivalentes nos dous tramos, portugués e galego, para darlle sentido de vertebración transfronteiriza a esta actuación. 


Na búsqueda dos seguintes obxectivos:



 Reforzar a mobilidade na Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal.


 Achegar ás economías, ás empresas e aos cidadáns destes territorios unha maior competitividade, con conexións rápidas e eficientes entre ambos os países e achegar maiores oportunidades de desenvolvemento.


 Promover a interoperabilidade e continuidade das redes de transporte existentes, e a cooperación do transporte por estrada e por ferrocarril.


 Aproveitar ao máximo as sinerxias da alta velocidade a Galicia, convertendo a estación ferroviaria da Gudiña nun referente da mobilidade ferroviaria.


En definitiva, apostamos por esta infraestrutura como necesaria para reforzar a competitividade da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal e facilitar o acceso á Autovía das Rías Baixas (A-52) e ao AVE Madrid-Galicia a unha poboación de 295.400 cidadáns.


Para a construción da nova vía, de 67km, Portugal tería que facerse cargo dun tramo de preto de 60 Km ata o límite con Ourense, mentres que a parte ourensá sería duns 7 Km.


Puiden ver hoxe as limitaciones que ten a actual estrada lusa desde a fronteira de A Mezquita ata Vinhais. Estreita e absolutamente virada. 


A Declaración Institucional do goberno de Galicia foi presentada ao goberno español a través do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana en novembro de 2020. O presidente da Xunta trasladou o asunto ao primeiro ministro e ao presidente da República de Portugal na súa visita de maio de 2021.